Deputación de Lugo

A Escola de Imaxe e Son de Lugo acolle a primeira edición do Concurso de curtametraxes Tic-Tac

Imaxe deputación de lugo
O certame está convocado pola Fundación TIC, dependente da Deputación Provincial de Lugo, e premiará á mellor curta rodada na provincia

Por primeira vez en Lugo os afeccionados ó mundo do celuloide poderán participar nun concurso de curtametraxes onde o premio servirá de estímulo para continuar desenvolvendo a súa actividade creadora: un vale de 600 euros para a compra de material audiovisual nunha recpñecida empresa do sector. Ademáis, tamén se otorgará o exclusivo reloxo despertador Tic-Tac e un diploma acreditativo de participación no concurso. A Escola de Imaxe e Son de Lugo ofrece a vantaxe de que a temática poda ser escollida con toda liberdade, eso sí, o requisito indispensable é que a curta deberá ter como escenario de rodaxe a provincia de Lugo. O prazo de inscrición xa está aberto e a data límite de recepción de traballos é ata o próximo 20 de xuño. Pódese atopar máis información descargando as bases para poder participar en www.fundaciontic.org . A entrega do premio Tic-Tac coincidirá co acto de clausura de curso da Escola de Imaxe e Son que se celebrará o vindeiro mércores 25 de xuño.