Deputación de Lugo

O Vicepresidente Primeiro Antón Bao informou que case tres mil lucenses son beneficiarios do Servizo de Teleasistencia

O Vicepresidente Primeiro Antón Bao informou que case tres mil lucenses son beneficiarios do Servizo de Teleasistencia

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, deu conta hoxe na habitual rolda de prensa posterior á xunta de goberno das variacións que se produciron no servizo de teleasistencia. Aprobouse o punto quinto da orde do día da xunta de goberno de hoxe que propoñía 1 alta, 30 baixas definitivas e 2 cambios de titularidade. Antón Bao aproveitou para facer un resumo da situación actual deste servizo que se leva a cabo grazas ao convenio existente entre a Deputación de Lugo e a vicepresidencia da igualdade e benestar da Xunta de Galiza. Segundou cominicou o vicepresidente Antón Bao “a día de hoxe un total de 2762 usuario beneficianse deste servizo de xeito gratuito na totalidade dos concellos de Lugo”. Bao informou tamén que existen beneficiarios deste servizo en tódolos concellos de Lugo agás no de Negueira de Muñiz. Mantendo unha relación directamente proporcional entre o número de habitantes e o número de beneficiarios, o concello con máis beneficiarios é o de Lugo con 600 usuarios, está seguido por Monforte con 195, Ribadeo con 169 e Viveiro con 117 usuarios. Os concellos con menos beneficiarios pertencen á comarca da montaña lucense e son, con 1 benficiario cada un deles, os concellos de Navia de Suarna, Becerreá e As Nogais. Aquelas persoas que, pola súa situación, precisen este tipo de servizo poden solicitalo dirixíndose aos servizos sociais dos concellos ou ben servicios sociais de Atención Primaria dos centros de saude.