Deputación de Lugo

A reorientación das políticas da Deputación fai posible captar 20,6 millóns de euros de fondos europeos en tan só un mes

A Deputación de Lugo acada proxectos europeos que suman un presuposto total de 36,3 millóns de euros

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, ratificaron este luns a súa satisfacción polo éxito que supuxo para a entidade provincial acadar no prazo de tan só dun mes catro proxectos europeos que suman un total de 36,3 millóns, dos que a Unión Europea aportará 20,6 millóns. Gómez Besteiro subliñou que “a concesión destes catro proxectos demostra ó éxito que supuxo a reorientación das politicas da Deputación de Lugo, captando fondos da Unión Europea para o desenvolvemento e o progreso da provincia”. O máximo responsable da institución provincial afirmou que “Lugo soubo subirse ó tren da modernidade e aproveitar a derradeira oportunidade que tiña para recibir Fondos FEDER, xa que esta era a derradeira convocatoria”. Os dous proxectos concedidos esta fin de semana polo Ministerio de Administracións Públicas son Innova-TE, destinado ás novas tecnoloxías e promovido polo INLUDES, organismo dependente da Deputación, e LugO2 que persegue impulsar ós espazos naturais para converter ó medio ambiente nunha oportunidader económica. A estes plans hai que sumar o Lugo-Pacto Provincial polo Emprego, concedido hai un mes, e que ten por obxectivo a promoción do emprego, sobre todo entre os colectivos con máis dificultades de inserción laboral; e o Plan Urban, destinado á revitalización do centro histórico do Concello de Lugo, e no que o organismo provincial ten unha parte activa coa aportación de tres millóns de euros. Innova-TE Lugo Dos proxectos presentados desde o organismo provincial o que conta cun maior presuposto é ó Innova-TE Lugo que pon de relevo a importancia e a necesidade de introducir na provincia de Lugo a Sociedade da Información e o uso das novas tecnoloxías co fin de converxer co resto de Europa. O Presuposto é de 9.095.000 euros, dos que o 70% (6.366.500 euros) será financiado por fondos FEDER e o 30% (2.728.500 euros) polo INLUDES. O periodo de execución será de 3 anos. Trátase dun proxecto que irá destinado a todos Concellos da provincia, agás o de Lugo, prestando especial atención ós que acusan unha maior despoboación. Pretende, por tanto reforzar a cohesión territorial da provincia e sentar as bases de desenvolvemento equilibrado, fomentando a aplicación das novas tecnoloxías e a innovación no ámbito administrativo e empresarial para conseguir a integración dos cidadáns e das empresas na Sociedade da Información.. LugO2 O proxecto Lug02, presentado pola Deputación ós Fondos FEDER, contará cun orzamento total de 7.235.000 euros, dos que 3,5 millóns procederán de fondos europeos e o resto serán aportados polo organismo provincial. O obxectivo xeral do proxecto é o desenvolvemento dos Concellos incluídos nos espazos naturais protexidos da provincia a través da posta en valor dos recursos naturais existentes e da sensibilización medioambiental dos habitantes e visitantes desde unha perspectiva de sostibilidade, participación cidadá e innovación. O LugO2 persegue o fomento da Sociedade da Información e das novas tecnoloxías (representa o 14% do presuposto -1.000.000 euros-); a promoción económica: creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos locais (representa o 23% do orzamento total -1.700.000 euros-); a mellora do entorno natural e calidade medioambiental (o que representa o 46% do presuposto -3.250.000 euros-): e a mellora de accesibilidade e mobilidade (representa o 4% do proxecto -300.000 euros-). Lugo-Pacto Provincial polo Emprego A Deputación de Lugo acadou hai un mes 2,7 millóns de euros de fondos europeos para a posta en funcionamento do proxecto “Lugo-Pacto Provincial polo Emprego”, promovido e impulsado polo INLUDES. Este foi o primeiro dos proxectos concedidos polo MAP a través do programa de axudas do Fondo Social Europeo para o periodo 2007-2013. Este proxecto conta un presuposto total de 4.061.533,04 euros, e un periodo de execución de 36 meses. Os seus obxectivos son: promover a inclusión social e a inserción sociolaboral dos colectivos máis desfavorecidos; implementar actuacións que favorezan o emprego estable e de calidade contribuíndo ó desenvolvemento económico da provincia; fomentar a colaboración e cooperación dos distintos axentes instituacionais, económicos e sociais (empresas, administracións, Universidade…) para establecer políticas de emprego na provincia; e promover a igualdade de xénero e de oportunidades. Está destinado á mozos, desempregados, persoas maiores de 45 anos, parados de longa duración e o ámbito de actuación serán todos os Concellos da provincia agás o da capital da provincia. O proxecto inclúe 5 cursos: auxiliar de axuda a domicilio, gobernante de hotel, camareiro, traballador forestal, programador de aplicacións informáticas, electricista de edificios, mecánico de vehículos lixeiros, conductor de camións e de autobús. Plan Urban A semana pasada, o Concello de Lugo acadaba o Plan Urban, presupsotado en 16 millóns de euros. Desta cantidade, 8 millóns procederán de fondos europeos, 3 da Deputación de Lugo; 3,9 do Concello de Lugo; e 1 da Consellería de Economía. O Plan Urban Urban permitirá a reactivación do Centro Histórico da cidade e a revitalización do seu comercio e da súa actividade económica. O proxecto estrela é a recuperación do vello cárcere como centro cultural polivalente, que será o núcleo sobre o que se desenvolverá todo o plan. Ademais, inclúe a reordenación urbanística da rúa San Marcos.