Deputación de Lugo

A Área de Deportes da Deputación presentou o Campionato de España Sub-18 de fútbol sala

A Área de Deportes da Deputación presentou o Campionato de España Sub-18 de fútbol sala

As seleccións territoriais das 17 comunidades autónomas reunirán, en Lugo, a un total de 350 deportistas para disputar este campionato LUGO, a 8 de maio de 2008. A Deputación de Lugo acolleu hoxe o sorteo do Campionato de España sub-18 de seleccións territoriais. Este campionato comezará o luns, 19 de maio, e rematará o domingo, 25 de maio. As competicións celebraranse no Pazo Universitario e no Pavillón Municipal de Deportes. A encargada de organizar este evento deportivo é a Real Federación Española de Fútbol, a través do Comité Nacional de Fútbol, que contará coa colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo, a Concellaría de Deportes do Concello de Lugo, a Fundación Azkar, a Federación Galega de Fútbol e a Delegación Lucense da Federación Galega de Fútbol. Neste Campionato de España sub-18 de seleccións territoriais participarán un total de 350 deportistas agrupados en seleccións procedentes das 17 comunidades autónomas. O sorteo de hoxe determinou os grupos que definirán a celebración do campionato. E quedaron os grupos conformados do seguinte xeito: GRUPO A: Catalunya, Galiza, Euskadi, Illes Balears. GRUPO B: Madrid, Castela – León, Navarra, Exremadura. GRUPO C: Andalucía, Valencia, Murcia, A Rioxa. GRUPO D: Castela – A Mancha, Aragón, Canarias, Melilla No acto de presentación e sorteo dos equipos particparon o Responsable de Deportes da Deputación Antonio Veiga, o concelleiro de Deportes do Concello de Lugo. J. Antonio Díaz Grandio, o Presidente do cominte organizador dos campionatos de España da Real Federación Española de Futbol, Gonzalo Azkarate, o secretario xeral da Federación Galega de Fútbol, Juan Carlos García e o xerente da Fundación Azkar, Oscar Hermida. O Responsable de Deportes da Deputación,Antonio Veiga, destacou a importancia deste tipo de eventos para incentivar a práctica do deporte entre os máis novos e apoiar aos equipos de base. O Deputado de Deportes salientou tamén a importancia de que as distintas administracións traballen de xeito coordinado para poder atraer á cidade de Lugo este tipo de eventos deportivos.