A Deputación abre mañá ó tráfico a estrada que enlaza A Fonsagrada con Navia de Suarna
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
A Deputación de Lugo abrirá mañá ó tráfico a estrada provincial que vai da Fonsagrada a Navia de Suarna, no punto quilométrico 26,500. A vía estivo pechada ó tránsito de vehículos desde o pasado 28 de febreiro para poder realizar as obras de arranxo do vial, que o pasado mes sufriu o desplome de parte da calzada nesta zona. Os traballos, que incluíron a construccón dun muro de formigón armado, realizáronse en quince días, a metade do prazo previsto inicialmente. O Deputado de Infraestruturas, Manuel Martínez, sinalou que as obras realizáronse nun tempo récord, cumprindo, eso sí, con todos os trámites administrativos, ós que se lle deu a máxima urxencia. Martínez tamén destacou que se aproveitaron estas obras de arranxo para ampliar o ancho da vía neste punto. Deste xeito a estrada xa queda mellorada neste treito. No caso de futuras amplicións en todo o vial, non haberá que gastar dúas veces os cartos dos veciños. Durante os quince días que duraron os traballos, a Deputación habilitou un desvío provisional a través da estrada que vai de Barcia, por Casteñedo, a Mosteirón.