Deputación de Lugo

A Deputación publica na súa web os resultados das probas selectivas para promoción interna

Imaxe deputación de lugo
O ente provincial oferta13 prazas de administrativo na escala de persoal funcionario e unha de persoal laboral

A partir deste mércores pódese consultar na páxina web da Deputación de Lugo os resultados das probas selectivas para cubrir polo sistema de concurso-oposición na escala de administración xeral, subescala administrativaa, do cadro de persoal funcionario reservadas a promoción interna dentro do grupo C-C1. Asimesmo, na web, www.deputacionlugo.org, tamén figuran as puntuacións das persoas que se presentaron ás probas selectivas para cubrir unha praza de administrativo, do cadro de persoal laboral, reservada a promoción interna, dentro do mesmo grupo. No primeiro caso presentáronse 15 persoas e no segundo 7. As probas de acceso realizáronse o mércores, 9 de abril, ás 17:00 horas no Pazo de San Marcos.