Deputación de Lugo

Unha estrada provincial de Abadín permanecerá catro meses cortada para executar obras da Transcantábrica

Imaxe deputación de lugo
O tráfico desviarase a través da vía municipal “Gontán –Campo dos Regos”

Un treito de dous quilómetros da estrada provincial de Gontán a Reigosa, no Concello de Abadín, está cortado ó tráfico desde este luns para permitir a realización das obras da Autovía do Cantábrico. Está previsto que este corte dure catro meses. Esta medida foi solicitada á Deputación, titular da vía, pola Unión Temporal de Empresas “Obras, Caminos y Asfaltos, S.L.” e “Extraco, Construcións e Proxectos, S.A.” para realizar os traballos de construción da Transcantábrica entre Abadín e Careira. Estas obras afectan á C.P. 0103 entre Gontán e Campo dos Regos. A UTE contratada polo Ministerio de Fomento estima que serán necesarios catro meses aproximadamente para construír un paso superior neste punto. Ademais procederase á execución dun paso alternativo para o tránsito de vehículos agrícolas. Os usuarios dipoñen dun traxecto alternativo a través da estrada municipal “Gontán-Campo dos Regos”. O desvío do tráfico está debidamente sinalizado cumprindo a normativa vixente. A Deputación prega ós usuarios desta vía que desculpen as molestias que lles poida ocasionar o corte de tráfico.