Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación asiste ó debate de investidura de Rodríguez Zapatero

Gómez Besteiro amósase convencido de que o novo mandato de Zapatero será beneficioso para a provincia de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Beteiro, asiste este martes en Madrid á primeira xornada de investidura de José Luis Rodríguez Zapatero como Presidente do Goberno Central. O titular da institución provincial dixo que Rodríguez Zapatero foi, na súa intervención, fiel ó programa electoral que apoiaron once millóns de españois nas pasadas eleccións xerais de marzo, aínda que tamén destacou o feito de que o candidato socialista para repetir ó fronte do executivo se amosase aberto a chegar a consensos coas outras formacións políticas. Gómez Besteiro amosouse convencido de que o novo mandato será beneficioso para a provincia de Lugo. O máximo responsable da Deputación luguesa confía en que nos catro vindeiros anos se dea continuidade e se rematen importantes proxectos iniciados durante a primeira etapa de Zapatero e se poñan en marcha outros novos que contribuirán ó desenvolvemento da nosa provincia. José Ramón Gómez Besteiro aproveitou a súa presenza hoxe no Congreso para saúdar ós principais dirixentes do partido socialista, así como a varios Deputados da Cámara Baixa.