Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación participou nos actos centrais do día do patrón de Sarria

A Misa e a procesión centraron o día grande no que os sarrianos celebran a festividade de San Xoán

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este martes nos actos patronais do Concello de Sarria na honra a San Xoán. Gómez Besteiro foi recibido polas autoridades locais ás 11:45 horas. Acompañado dos membros da Corporación Local, o máximo mantario provincial, desprazouse ata a Igrexa de Santa Mariña donde participou na Misa e na posterior procesión que se desenvolveu polas principias rúas do casco histórico sarriano. Neste senso, o titular da Deputación destacou que “o San Xoán é unha festa de referencia na provincia, polo que a Deputación tamén quixo estar presente nesta cita tan importante para o veciños desta vila e para o resto da provincia. O Arde Lucus foi a fin de semana, e hoxe é a quenda das festas de Sarria. Ademais, estamos acompañando ó Alcalde e Deputado provincial”. Pola súa banda, o Acalde de Sarria, Claudio Garrido, agradeceu a presenza do Presidente da Deputación nos actos centrais de San Xoán. “Hoxe é o día do patrón e da solemnidade. Asistimos á Misa e á procesión e, por primeira vez, contamos coa presenza do Presidente da Deputación, polo que para Sarria isto é un motivo de orgullo e satisfacción”. O rexedor municipal referiuse tamén ó programa dos festexos organizado “por un grupo de xente moi nova e participativa e que contén actividades moi importantes e innovadoras nas que se pon en valor a tradición de Sarria e se exalta o valor da xuventude.” Neste senso, Garrido dixo que “conseguimos facer un programa que queremos que se consolide ó longo dos anos”. Ó remate dos actos relixiosos, Gómez Besteiro e as autoridades municipais asistiron ó concerto da Banda Municipal de Música na Praza contigua á Igrexa de Santa Mariña.