Deputación de Lugo

O mércores pecharase ó tráfico unha estrada provincial ó seu paso polo encoro dos Peares

Imaxe deputación de lugo
O corte realizarase por mor dunhas obras de Unión Fenosa na central hidroeléctrica

A estrada provincial 1010 “da EP 1001 polo encoro dos Peares á Granxa” sufrirá este mércores, 1 de outubro, diversos cortes de tráfico por mor dunhas obras que acometerá Unión Fenosa Generación na central hidroeléctrica. O treito da vía 1010 ó seu paso polo devandito encoro permanecerá pechado de xeito continuado de 8:00 a 12:00 horas. De 12:00 a 16:00 horas haberá interrupcións do tráfico a intervalos de 45 minutos. O desvío dos vehículos farase pola estrada provincial 1001 “de Barrela a Peares”, e estará debidamente sinalizado. Desde a Deputación préganse desculpas ós usuarios desta vía polas molestias que lles ocasione o corte.