Deputación de Lugo

A Área de Deportes presentou a I Volta Ciclista ás comarcas de Lugo-Gran Premio Deputación

Os días 23, 24 e 25 de maio disputarase esta proba ciclista que percorrerá as comarcas do sur de Lugo, de A Mariña e de Lugo

Un total de 18 equipos procedentes de Francia, Italia, Portugal, Cantabria, León, Asturias de Valencia competirán, xunto con 6 equipos galegos, na I VOLTA CICLISTA ÁS COMARCAS DE LUGO - GRAN PREMIO DEPUTACIÓN. A proba terá unha duración de 3 días, a etapa do venres 24 percorrerá as comarcas do sur de Lugo con saída e chegada en Chantada, o sábado 25 a etapa transcorrerá na comarca do centro con saída e chegada na capital luguesa, a volta finalizará o domingo 25 de maio cunha etapa pola bisbarra de A Mariña con saída e chegada en Burela. No acto de presentación, que se celebrou na mañá de hoxe no Pazo de San Marcos, participaron O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, o Presidente do comité organizador da proba, Eugenio Paz, o Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galiza, Constantino López, a Concelleira de Deportes de Burela, Neves Cando, o Concelleiro de Chantada, Xesús Mazaira, o Concelleiro de Deportes de Lugo, J. M. Díaz Grandio, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo. Neste acto presentouse aos asistentes o percorrido da carreira ademais do maillot de lider e o trofeo do campión desta I VOLTA CICLISTA ÁS COMARCAS DE LUGO - GRAN PREMIO DEPUTACIÓN. O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, sinalou que “é importante este evento por que poñemos en valor este deporte en Lugo e creamos un espazo propio para o ciclismo lucense, para o ciclismo galego e para o ciclismo internacional”. Anton Bao fixo referencia na súa intervención á importancia que tivo, en Lugo, este deporte nas décadas dos cuarenta e cincuenta con deportistas tan destacados como Platero, Fidel, Barrera, Crende, Regueiro, García e Armando. POSTA EN VALOR DOS CONCELLOS Os participantes na presentación salientaron a importancia de este tipo de probas para a promoción dos distintos concellos e comarcas por onde transcorre a proba. A posta en valor das potencialidades turísticas atopan neste tipo de probas un escaparate sen igual para chegar aos medios de comunciación as súas posibilidades. Segundo os organizadores da proba, nas vindeiras edicións desta volta tracexaranse diferentes percorridos coa finalidade de que o maior número de comarcas e concellos se vexan beneficiados do efecto mediatico deste tipo de probas á hora de promocionar o deporte do ciclismo e da promoción dos lugares onde se disputa.