Deputación de Lugo

O reencontro coa colectividade lucense marcou a primeira xornada da visita institucional do Presidente da Deputación en Montevideo

Gómez Besteiro quixo empezar a xornada en Montevideo cunha mensaxe de agradecemento ós emigrantes, antes de iniciar este luns unha intensa axenda marcada pola economía.

O reencontro coa colectividade lucense marcou a primeira xornada da visita institucional do Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, en Montevideo. O punto máis álxido chegou coa intervención do mandatario provincial ó inicio da comida do 44º aniversario do prestixioso Patronato da Cultura Galega, o que o converteu nun dos protagonistas deste xantar, que se celebra tan só unha vez ó ano e reúne a 250 persoas da sociedade galega de Uruguai. “A partir de hoxe vós estades no noso Pórtico da Gloria”. Con estas palabras expresaba o Presidente da Deputación o agradecemento á colectividade lucense e ó Patronato da Cultura Galega, ó que lles fixo entrega dun Organistrum –que forma parte do Pórtico da Gloria de Santiago de Compostela e cuxa réplica foi deseñada polo taller de instrumentos musicais do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo-. O Presidente explicou no xantar do Patronato da Cultura Galega que a Deputación tiña unha débeda coa emigración, xa que era a única que non fomentaba relacións cos lucenses que residen no exterior. Nun novo camiño, “marcado polo lema Sumandos Esforzos”, dixo o Presidente, “vimos a escoitar, aprender e empezar a colaborar”. Un dos camiños de colaboración será co programa radiofónico Sempre en Galiza, o máis antigo da colectividade galega fóra de Galicia. A Deputación estará en contacto cos emigrantes tamén a través deste programa referencial en Sudamérica. Pero antes do xantar, o Presidente mantivo unha xuntanza de traballo coa Unión de Sociedades Galegas do Uruguai, conformada por 12 asociacións civís. O Presidente presentoulles a nova Deputación de Lugo e invitounos a participar nos proxectos porque “fainos falta moita axuda de todo o mundo e no noso proxecto non sobra ninguén”. Gómez Besteiro reivindicou o interior de Galicia e o desenvolvemento que está a experimentar nos últimos anos e afirmou “o bo da Coruña vén de Lugo e o de Pontevedra vén de Ourense”. A intensa xornada do Presidente, que aterrou en Uruguai nesta mañá do domingo, concluiu cunha visita ó Centro Galego de Montevideo –o máis antigo dos que existen no mundo-. Alí Gómez Besteiro asinou no Libro de Ouro, incidiu no cumprimento da débeda histórica que tiña a Deputación de Lugo coa emigración e, tendo en conta a historia deste Centro Galego de 128 anos, fixo entrega dunha réplica do monumento que representa ó Lugo Bimilenario. A xornada do luns estará marcada pola economía e concentrará neste senso tres importantes citas: coa Dirección Nacional de Recursos Acuáticos, coa Asociación de Empresarios Galegos no Uruguai e co Intendente de Canelones –un municipio no que residen máis de 4.000 galegos-. A axenda será a seguinte: LUNES 8 DE SEPTIEMBRE DE 2008 11:00h Visita institucional al Hogar Español y recibimiento del Presidente, Dr. José Luis Peña. Acompañará a la comitiva el Cónsul General, Juan María López Aguilar, o Cónsul General Adjunto, José Antonio Ruiz. Lugar: avenida Instrucciones (frente al Museo Etnográfico de uruguay). 12:00 h Visita oficial al Hospital Casa de Galicia con su directiva. Localización: Calle Millán con calle Rafo, frente a la Comisaría de Policía. 14:00 h Reunión de trabajo con el Director de la Dirección Nacional de Recursos Acuáticos (DINARA), Daniel Montiel. En el Ministerio de Ganadería, Agricultura y Pesca. Localización: calle Constituyente, 1497 16:00 h Encuentro con la Asociación de Empresarios Gallegos de Uruguay (AEGU). Estarán el Presidente: César Antelo; Secretario, José Villaverde; y Tesorero: Fernando Feijoo. Localización: calle Misiones 1475, oficina 104. (entre calle 25 de mayo y Cerrito. Zona Ciudad Vieja) 18:00 h Recepción institucional del Intendente de Canelones, Marcos Carámbula, al Presidente de la Diputación. Lugar: Centro de Estudios de la Intendencia de Canelones en Montevideo. Calle Paraguay esquina Mercedes 1444