Deputación de Lugo

A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

Imaxe deputación de lugo
Antonio Gato anuncia que se estudará a contratación unha póliza de responsabilidade civil para cubrir as reclamacións patrimoniais por accidentes en vías provinciais

A Xunta de Goberno deste venres aprobou a adxudicación definitiva de cinco bombas nodriza que se destinarán ó Consorcio provincial de bomberios, en concreto, ós parques de Barreiros, Chantada, Sarria, Vilalba e Viveiro. Cada vehículo adxudicouse por un importe de 193.300 euros. As bombas nodriza formarán parte da dotación material do Consorcio provincial que asumen ó 50% a Deputación de Lugo e a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia para atender as emerxencias dos veciños da provincia. Ademais, o órgano de goberno provincial aprobou as adxudicacións definitivas de cinco contratos de roza das estradas provinciais correspondentes ós concellos de Abadín, Xermade, Vilalba, Guitiriz, Rábade, Lugo, Outeiro de Rei, Cospeito, Baleira, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Meira, Pastoriza, Baralla, As Nogais, Cervantes, Triacastela, O Courel, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Sober, Bóveda, Ribas do Sil, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Muras, Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Barreiros, Lourenzá, Trabada e Ribadeo. As cinco adxudiacións suman un total de 339.069 euros. Reclamacións patrimoniais Por outra banda, a Xunta de Goberno acordou que os servizos técnicos elaboren un estudo sobre as reclamacións patrimoniais á Deputación por mor de accidentes de tráfico en vías provincias. Segundo anunciou o voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato Soengas, convocarase un concurso para contratar cunha empresa de seguros unha poliza de responsabilidade civil. Gato Soengas dixo que “se constata que o procedemento actual, no que sempre se recurre á vía xudicial, non é o máis axeitado para os intereses económicos da Deputación nin tampouco para os cidadáns”. O voceiro do PSOE dixo que “haberá reclamacións que non poidan ser atendidas porque os demandantes non estean no seu dereito e, polo tanto, aí si cabe a posibilidade de que se siga a vía actual do recurso contencioso-administrativo; pero haberá casos nos que a demanda se acepte incialmente, como ocurre nalgún Concello da provincia, porque o que reclama teña a razón. Nestes casos será á aseguradora a que faga efectiva a indemnización sen ter que ir ó contencioso nin esperar tres anos para cobrar”. Na Xunta de Goberno deuse conta, precisamente, dun fallo da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no que se desestima o recurso de apelación presentado pola Deputación contra unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo sobre unha reclamación de responsabilidad patrimonial por una accidente de circulación ocurrido na estrada de LU-P 6201 “Triacastela-Guilfrey” a consecuencia da presenza de sustancias deslizantes sobre a calzada. A Deputación deberá aboar 40.628 euros, máis intereses, ós dous usuarios do vehículo polas lesións sufridas. Acordos en Sudamérica Por outra banda, na xuntanza de hoxe ratificouse un dos acordos acadados polo Presidente da Deputación de Lugo durante a súa viaxe institucional a Sudamérica. Trátase do convenio marco de cooperación entre a Deptuación de Lugo e a Fundación arxentina EMPRETEC- da que forma parte o Banco de la Nación de Argentina- asinado polo Presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, o 11 de setembro en Bos Aires e que está destinado á comunidade lucense residente en Arxentina. O obxectivo deste acordo é establecer vínculos de cooperación e asistencia técnica en distintos aspectos relacionados co desenvolvemnto emprendedor, a creación de empresas e a competitividade das PEMES. Con repecto ás críticas do Partido Popular á viaxe de Gómez Besteiro a Argentina, Uruguai e Venezuela, Antonio Gato recomendou ó voceiro desta formación “que chame ó Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para pedirlle explicacións sobre a súa vindeira viaxe a Sudamérica que inclúe unha axenda de traballo moito menos apretada que a de Gómez Beaterio”. Gato Soengas afirmou que “o señor Barreiro xa meteu a pata cando se anunciou a viaxe e falou dunha finalidade electoral. Ata o de agora non oín que pedise disculpas. Ademais, amosou un desinterese total ó ausentarse do Pleno cando o Presidente daba detallada conta da súa viaxe en responsta a unha pregunta, precisamente, do PP”.