Deputación de Lugo

O Centro de Artesanía organiza un curso de cestería de cana e vimbio mallorquina “paner”

Imaxe deputación de lugo
O prazo de inscrición estará aberto ata dous días antes do comezo do obradoiro

O Centro de Cestería do Río Rato acolle esta fin de semana o curso de Cestería de cana e vimbio mallorquia, “paner”, o sétimo dentro da programación de verán do Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación. Esta actividade, que se desenvolverá os días 13 e 14 deste mes será, impartida polo artesán Carlos Fontales. O “paner” é un cesto típico da illa balear que se elabora con cana e vimbio. De pequenas dimensións e unha asa central, a técnica para a súa elaboración é sinxela polo que o curso é accesible a calquera interesado. O obradoiro impártese en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e está dirixido a cesteiros profesionais ou noveis, artesáns doutras disciplinas e público en xeral. O curso ten oito prazas e a matrícula custa 16 euros. As inscricións poden realizarse ata dous días antes do comezo da actividade e o proceso de selección establecerase en función da orde de solicitude. O curso inclúe a identificación dos materiais e ferramentas necesarios, a preparación da cana e a elaboración da peza.