Deputación de Lugo

A ÁREA DE CULTURA E DEPORTES DA DEPUTACIÓN INVERTIRÁ MÁIS DE UN MILLÓN DE EUROS NO MANTEMENTO E MELLORA DAS SÚAS INSTALACIÓNS

O vicepresidente primeiro, Antón Bao, informou dos proxectos que se van a acometer nos centros da rede museística, no pazo de deportes e na escola de piragüismo

A Área de Cultura e Deportes instalará cámaras de vixilancia nos museos, arranxará as goteiras da escola de piragüismo e estudará o uso de enerxías alternativas no Pazo LUGO, 1 DE AGOSTO 2008. O vicepresidente primeiro da Deputación informou, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, das principais inversións que a Área de Cultura e Deporte vai a acometer nas instalacións dependentes desta área da Deputación de Lugo. Antón Bao lembrou que esta área, comprometeu nos orzamentos desta ano 2008 máis de un millón de euros para facer melloras nos centros da rede museística, no Pazo dos Deportes e na Escola de Piragüismo. Bao sinalou que “cando chegamos ao goberno da Deputación atopámonos cunha serie de deficiencias nestas instalacións que precisaban de unha solución urxente. Imos a iniciar as actuacións precisas para o mantemento e mellora destes edificios que en moitos casos son utilizados, ademais dos propios traballadores, polos cidadáns, moitos deles en idade infantil”. As actuacións comenzarán este ano e farase a inversión próxima a 1.100.000 euros para cumprir con esta responsabilidade política. OS EDIFICIOS DA REDE MUSEÍSTICA ESTIVERON ATA O DE AGORA SEN UN SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL No Museo Provincial e nos outros edificios da rede museística acometeranse proxectos para resolver as carencias que padecen neste momento. Moitas destas intervencións irán destinadas a mellorar a seguridade dos edificios xa que non contan co preceptivo sistema de vixilancia a través de cámaras de seguridade. Xa se comenzou a implantar, tamén, un plan de seguridade e saúde laboral do cal carecían os traballadores e traballadoras dos centros da rede museística. O vicepresidente primeiro informou que se continua a traballar nunha mellora integral da accesibilidade aos edificios da rede museística para que sexan accesibles a todo tipo de persoas. Outro dos proxectos máis importantes que serán acometidos cos orzamentos deste ano será o acondicionamento ambiental dos centros da rede museísticas, especialmente do museo provincial, no que existen importantes deficiencias construtivas que provocan que as condicións ambientais sexan pouco axeitadas para a conservación das obras de arte e do propio edificio. Outro das partidas do orzamento irán destinadas á contratación dun seguro de responsabilidade civil para os centros da rede museística, nos que se realizan a cotío gran cantidade de actividades con rapaces menores de idade e reciben unha media de máis de cen visitas diarias. FARASE UN ESTUDO SOBRE A UTILIZACIÓN DE ENERXIAS ALTERNATIVAS PARA ABASTECER AS NECESIDADES DO PAZO DOS DEPORTES No Pazo de Deportes, que é a instalación de maior envergadura que hai no concello de Lugo, faranse melloras no entorno do edificio e farase un estudio para analizar a posibilidade de usar enerxías alternativas para abastecer as necesidades do edificio. A instalación dun sistema que abastecera, con enerxía solar, as necesidades do Pazo en electricidade e auga quente suporía un importante aforro para as arcas da Deputación dado o elevado gasto enerxético desta instalación deportiva. Con esta acción a Área de Deportes contribuirá a instauración das enerxías alternativas, tan necesarias para o desenrolo sostible e o aproveitamento racional dos recursos. Continuaranse a facer melloras no anexo, coñecido como O Paciño, construíndo vestiarios e deseñarase un túnel para unir o Pazo e o Paciño. A ESCOLA DE PIRGÜISMO O EDIFICIO MÁIS DETERIORADOS Este edificio é o que se atopa en peores condicións debido ao abandono sufrido nos últimos anos. A caída de pedras sobre a cuberta provocou a aparición de buratos no teito de unha dimensión considerable. A actuación máis urxente e importante será a renovación da cuberta para evitar as continuas inundacións que se producen cando chove e as humidades provocadas polas constantes filtracións de auga. Tamén se instalará un sistema de seguridade para disuadir aos vándalos que, cada pouco tempo, atentan contra o edificio ou comenten roubos. AXUDAS A COLECTIVOS VECIÑAIS E ESTABLECEMENTO DO PREZO PÚBLICO PARA UN LIBRO DO SERVIZO DE PUBLICACIÓNS O vicepresidente primeiro da Deputación, o nacionalista Antón Bao, anunciou que na Xunta de Goberno da Deputación celebrada hoxe se aprobou o prezo público do libro LENDAS E OENDAS DE GALICIA. O prezo quedou estipulado en 7 € para a venta ao público en xeral e estableceuse un desconto dun 30% para as empresas que teñen a distribución concertada. Bao informou, tamén, da aprobación dun total de 16 axudas a entidades veciñais para a realización de actividades culturais. Estas axudas correspondentes ao ano 2007 e suman un total de 19.251,67 euros e están distribuídas entre asociacións de 10 concellos. CONCELLOTITULO DA ACTIVIDADEANO AXUDA O CORGOFOMENTO DA MÚSICA E DO BAILE TRADICIONAL GALEGO 20072.000,00FRIOLCURSO DE NATACIÓN20071.250,00FRIOLCAMPAMENTOS URBÁNS20071.250,00O INCIOXXI CONCURSO LITERARIO EN LINGUA GALEGA20071.000,00LÁNCARAREIS MAGOS, MALLA, ANTROIDO, ETC …20061.500,00LÁNCARAVIAXES CULTURAIS, MAGOSTOS, ETC …20071.500,00LUGO (Augas Ferreas - Fingoi)CURSO DE DIETÉTICA E NUTRICIÓN2007880,00LUGO (Augas Ferreas - Fingoi)CURSO E ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN SOCIAL2007810,00LUGO (AGAFI)XORNADA NUTRICIÓN APRENDER A COMER2007600,00VILALBACOMPRA DE MATERIAL E VESTIARIO20071.500,00LUGO (Pias)VIAXES CULTURAIS2007600,00LUGO (A Ponte)VIAXES CULTURAIS20071.400,00MONDOÑEDOII XORNADAS CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO2007500,00OUTEIRO DE REIVIAXE A SILLEDA E OUTRAS VISITAS20071.700,00O PÁRAMOACTIVIDADES CULTURAIS20071.500,00A PONTENOVAEXCURSIÓN CULTURAL E EQUIPO DE MÚSICA20071.261,00TOTAL 19.251,67