Deputación de Lugo

Lara Méndez participa na Xuntanza dos Maiores de Meira

A Vicepresidenta Segunda avogou por aproveitar a experiencia dos nosos maiores para contribuír ó desenvolvemento da nosa provincia

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou na Xuntanza dos Maiores que tivo lugar este mércores no Concello de Meira. O programa do encontro, que tivo lugar este mércores no Pavillón dos Deportes do devandito municipio incluíu misa, xantar e baile. Na súa intervención, Lara Méndez destacou o papel que desempeñou a xente maior no desenvolvemento da nosa provincia así como todo o que poden poden aportar de cara ó futuro coa súa experiencia. A Vicepresidenta Segunda dixo que para eles agora é o momento de disfrutar do tempo libre en xuntanzas como a de hoxe ou con programas como Km0 promovido pola Deputación. ------------------------------------------------------------- INTERVENCIÓN DE LARA MÉNDEZ Alcalde, Antonio de Dios Boas tardes a todas e todos: Antes de nada quero agradecer ó Alcalde e a toda a Corporación de Meira que me convidasen a participar nesta Xuntanza. Para mín é un pracer compartir este día con todos vós por un dobre motivo. En primeiro lugar, porque a nivel persoal é moi enriquecedor para mín estar con xente maior, da que sempre teño cousas que aprender e, en segundo lugar, porque represento á Deputación de Lugo, unha institución que valora a importancia que os nosos maiores teñen na provincia. Grazas ó voso traballo en épocas moito máis difíciles ca actual, as novas xeracións, como a miña, tivemos a oportunidade de ter un futuro mellor e poidemos elexir o que queriamos ser. O voso esforzo foi moi importante no pasado, pero aínda tedes moito que aportar ó futuro da nosa provincia. A vosa experiencia é decisiva, e debemos saber aproveitala. Desde a Deputación de Lugo estamos a traballar para que as condicións de vida dos nosos veciños melloren. Queremos arrimar o ombro, xunto con outras institucións e a iniciativa privada, para que todos os lucenses, independentemente da súa idade, de que vivan no rural ou na cidade, no interior ou na costa, sexan cidadáns de primeira e disfruten dos mesmos servizos. Queremos que os vosos fillos e os vosos netos teñan a oportunidade de elexir e non se vexan obrigados a marchar, como lles ocurriru a moitos galegos no pasado. Dar a coñecer o traballo que está a facer a Deputación en favor da provincia é, precisamente, un dos obxectivos dun programa de visitas ó que chamamos “kilómetro 0”, e que a Deputación vén de poñer en marcha esta mesma semana. Con esta iniciativa queremos que os lucenses saiban o que estamos a facer nesta institución e para que serve. Pero con “Km0” tamén queremos que os lugueses coñezan a súa provincia. Debemos sentirnos orgullosos do que temos, que é moito e bo. Sen ir máis lonxe, o Concello de Meira ten unha grande riqueza paisaxísita e medioambiental que moita xente da Ribeira Sacra ou da Ulloa descoñecen. A “Km 0” xa se apuntaron unas 1.800 persoas, e unha boa parte delas son xubilados. Anímovos a que vós tamén participedes desta iniciativa, que é totalmente gratuíta. É un xeito de coñecer o que temos e, ó mesmo tempo, de pasalo ben, que para iso non hai límite de idade. Despois do traballo de tantos anos, chegou para vós a época de disfrutar do tempo libre, que ben volo merecedes. E un día coma hoxe é para pasalo ben, para comapartir cos amigos e cos veciños, para disfrutar dun bon xantar e, como non, para bailar unha peza. Moitas grazas e a segur disfrutando da festa!!!