Deputación de Lugo

O RESPONSABLE DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN, ANTONIO VEIGA, INAUGUROU ESTA EXPOSICIÓN A PEL DOS SENTIDOS

Unha mostra colectiva de creadores lucenses comisariada polo artista Caxigueiro

O responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, inaugura hoxe, ás 20:00 horas, unha exposición colectiva de 5 artistas lucenses que estará aberta o vindeiro 31 de agosto no Museo de Lugo. Esta mostra que leva por título A Pel dos Sentidos reúne obras de Antía Moure, Laura Pernás, Mar Vicente, Ernesto González Torterolo e Nachok. Son cinco artistas mozos que, dende Lugo, aportan unha visión propia da arte na que se entremezclan distintas linguaxes expresivas como a pictórica, fotográfica e audiovisual. O responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, destacou a importancia de que un artista xa consolidado, como é Caxigueiro, fose o encargado de comisariar esta mostra de novos valores emerxentes da arte lucense “dende a Área de Cultura temos o ánimo de potenciar aos novos artistas pero é moi importante contar coa colaboración de artistas consagrados que avalen, coa súa experiencia, a calidade dos traballos que se van a expoñer”. Veiga lembrou aos asistentes o empeño do goberno da Deputación, e concretamente da área de cultura, por facer do museo de Lugo un espazo vivo e aberto, no que os artistas lucenses atopen un escenario propicio para achegar á cidadanía as súas creacións sen trabas nin cortapisas. O autores das obras que conforman a exposición A Pel dos Sentidos son: Ignacio Castro (1974), Antía Moure (1981), Laura Pernás (1979), Ernesto González (1974), Mar Vicente (1979). Ademais de participar nesta exposición tres destes artistas, Ignacio, Ernesto e Laura, teñen obras expostas na exposición coñecida como proxecto Abertal que recolle a obra de 99 artistas lugueses e que estará aberta no Museo de Lugo durante a celebración do 75 anviersario. CURRICULOS DOS ARTISTAS LAURA PERNÁS. Lugo, 1979 2004. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo na especialidade de deseño e audiovisuais. 2005. Máster en Creación e Comunicación Dixital. Exposicións individuais 2006. O silencio das últimas polas. A pega moura. Pontevedra 2006. O silencio das últimas polas. Porta 11. Lugo Exposicións colectivas 2008. Proxecto Abertal. Museo Provincial de Lugo 2005. Sesión de vídeos comisariada por Ferrán el Otro. A Escocesa. Barcelona. 2005. A outra. Colecció d’art contemporani. Sala de Estar. Barcelona. 2005. Novos Valores. Obra seleccionada. Sala X. Diputación Provincial de Pontevedra. Pontevedra 2004. IFI extensible. CGAC (Santiago de Compostela), MARCO (Vigo), e Museo de Belas Artes de A Coruña. Premios e Bolsas 2005. Nominación aos Premios Mestre Mateo polo proxecto do MCCD na categoría de mellor curtametraxe de animación 2005. Seleccionada no I Concurso de Ráfagas do programa Miradas 2 de La 2 de Tve, e emitida por dito programa o 26/12/2005. 2005. Beca Novos Valores na modalidade de vídeo. Diputación Provincial de Pontevedra. Proxectos Participante no proxecto “Byte*” comisariado por Ferrán el Otro Participante no Espazo Documentación do Proxecto Edición levado a cabo polo CGAC, o MARCO e a Fundación Luis Seoane. (www.espazodocumental.org) Obra en Diputación Provincial de Pontevedra. MAR VICENTE. O Valadouro (Lugo), 1979 No traballo de Mar Vicente son inevitables as referencias a nomes clásicos do Minimalismo como Donald Judd, Dan Flavin ou Sol LeWitt e nun nivel máis teórico que visual, Robert Mangold. As súas referencias entre a creación actual atopariamolas en nomes que traballan esa idea de expansión da pintura, como a norteamericana Jessica Stockholder, o suízo Philippe Decrauzat; o arxentino Eduardo Costa, etc., e no ámbito nacional, artistas tan diversos como Ángela da Cruz, Toño Barreiro, A obra dos anos setenta e ocheta de Nacho Criado, etc., todos eles cun elemento común: a súa preocupación por romper os límites físicos do que tradicionalmente se entende por pintura. Mar Vicente é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e na súa curta traxectoria foi artista invitada en Kultur Modell, en Passau, Alemaña; bolseira en Kaldarte, Pontevedra, 2º Premio na II Edición do Premio de artes plásticas Conxemar; Mención de honra no VII Premio Novo 2004, Artes plásticas, convocado pola Fundación Xeral da Universidade Complutense de Madrid; seleccionada en Novos Valores, da Deputación de Pontevedra; Bolsa Fundación Talens España e artista invitada no programa Residentes da Xunta de Galicia. ERNESTO GONZÁLEZ TORTEROLO. Montevideo, 1974 Licenciado en Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela, 1998. Licenciado en Belas Artes, Universidade de Vigo, 2008. Profesor Titular de Ensino Secundario na especialidade de Debuxo. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia, 2000. exposicións individuais 2005 Xenética da paisaxe. Sala Alterarte. Ourense. (catálogo) exposicións colectivas 2008 Abertal. Colectiva de artistas lucenses. Museo Provincial de Lugo. Lancôme con grelos. 8 receitas artísticas galegas. Sala X, Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Pontevedra. (catálogo) 2007 XI Bolsa de Paisaxe Fundación Mondariz Balneario. Sala de exposicións do Concello de Mondariz Balneario (Pontevedra). (catálogo) Grafos e matemas. XXIX Bienal de Vilanova de Cerveira. Portugal. (catálogo) Lancôme con grelos. 8 receitas artísticas galegas. Centro de Arte Joven de la Comunidad de Madrid. Madrid. (catálogo) 2006 Novos Valores 2006. Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra. Pontevedra. (catálogo) 2005 IV Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. (catálogo) IV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense. Centro Cultural Deputación Ourense. Ourense. (catálogo) 2004 50 anos do IES San Rosendo. IES San Rosendo. Mondoñedo, Lugo. 2003 Prototipos, Malas Artes 03. Sala dos Peiraos. Vigo. (catálogo) ArtXove 2003. Salas de exposicións da Casa da Cultura de Pontedeume. (catálogo) 2001 Identidades feridas. Da arte na doenza. Fundación Laxeiro. Vigo. (catálogo) 2000 Singlar 2000. Sala de exposicións da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Pontevedra. publicacións Entrecruzar. Publicación do Encontro-Feira do Proxecto Edición. Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte, CGAC, MARCO, Fundación Luis Seoane. Ant_art. Proxecto de arte en prensa do semanario A Nosa Terra. A Nosa Terra nº1.231, do13 ao 19 de xullo de 2006. (catálogo) premios e bolsas 2007 XI Bolsa de Paisaxe Fundación Mondariz Balneario. 2006 Bolsa Novos Valores 2006. Deputación Provincial de Pontevedra. obra en Universidade de Vigo e Fundación Mondariz Balneario. IGNACIO CASTRO“Nachok”. Madrid, 1974 - X Certame Artes Plásticas Cidade de Lugo (2002). - VIII Mostra ArtXove Pontedeume (2003). - II Certame Internacional Artes Plásticas Deputación de Ourense (2003). - III Xoves Artistas Auditorio de Galicia (2003). - IX Mostra ArtXove Pontedeume (2004). - Novos Valores 2004 Pontevedra. - Taller de Fotografía impartido por Daniel Mordzinski, Explorafoto, (Festival de Fotografía de Castela e León, Salamanca 2004). - Curso de fortografía dixital. Escola de Fotografía e Deseño IDEP de Barcelona (2004). - Na Vangarda. Certame Artes Plásticas. Xunta de Galicia (2004). - Exposición individual fotografía estenopeica en dixital. Concello de Ribadeo (2005). - IV Certame Internacional Artes Plásticas Deputación de Ourense (2005). - Exposición individual “A outra viaxe” na sala Aturuxo. Bueu (2006). - Exposición virtual “ A alacena traslúcida” en: www.aregueifa.net (2006) - Exposición virtual “O perímetro da leira” en : www.alg-a.org (2006). -“Entrecruzar” publicación colectiva no marco de Proxecto-Edición. Centro Galego de Arte Contemporánea, Museo de Arte Contemporánea de Vigo e Fundación Luis Seoane. (2006) -“Outono Fotográfico”. Videoproxección de “Bitácora: diario da outra Viaxe”. Ourense (2006) - Proxección de fotografías no programa de divulgación cultural MIRAXES. CRTVG, decembro (2006). - Outono Fotográfico”. Exposición colectiva, conmemorando a 25 edición do certame. Ourense (2007). - Galería Sargadelos de Santiago. Exposición colectiva Outono Fotográfico.2007 - Proxección de fotografías e entrevista no programa de divulgación cultural MIRAXES. CRTVG, decembro (2007). - Abertal. Colectiva de artistas lucenses. Museo Provincial de Lugo. 2008 WWW.NACHOK.NET ANTÍA MOURE ARIAS. Monforte de Lemos (Lugo) 1981, 2006/2007 Máster en Gestión Cultural. Universidad Carlos III de Madrid. 2005 Curso de Adaptación Pedagógica. Universidad de A Coruña. 1999/2004 Licenciada en Bellas Artes en la especialidad de Pintura. Facultad de BBAA de Pontevedra. Universidad de Vigo. Selección Becas Junio/Julio 2006 Estancia Atelier CPS. Centro Portugués de Serigrafía de Lisboa. Portugal. 2004/2005 Beca de ampliación de estudios artísticos Nuevos valores 2004. Diputación de Pontevedra. Premios 2007 -Accésit adquisición de obra. Bolsas Feima-Fundación Laxeiro a la creación artística. Vigo. 2005 -Finalista en el certamen de artes visuales Premio Miquel Casablanca. Centro Cívic Sant Andreu. Barcelona. 2004 -Primer premio en la categoría: artistas noveles. “I Certamen de Videocreación y Formatos Digitales”. Imaxinarte (Caixa Galicia). A Coruña. Selección de feiras, bienais e festivais 2008 -China International Gallery Exposition. CIGE 2008. Beijing. Proyecto Subliminales. Lingüísticas de la imagen. Stand Casa Asia. ComisARIADO Meneen Gras. -Bridge Art Fair. Nueva York. Stand Galería c5 colección. 2007 -Arte Lisboa. Feira de Arte Contemporânea. . Lisboa. Stand Galería Carlos Carvalho Arte Contemporânea -Dfoto 2007. Feria Internacional de Fotografía Contemporánea y Vídeo. San Sebastián. Stand Galería Carlos Carvalho. Arte contemporánea. -Feria de Colonia Liste Köln. Feria Internacional de Arte Contemporáneo. Alemania. Stand Galería C5. Colonia. -ARCO 2007. XXVI Feria Internacional de Arte Contemporáneo. Madrid. Stand Galería Carlos Carvalho Arte Contemporánea de Lisboa. 2006 -Observatori 2006. 7º Festival Internacional de Investigación Artística de Valencia. Museo de las Ciencias Príncipe Felipe. Ciudad de las Artes y las Ciencias. Valencia. -XIII edición Estampa 2006. Salón Internacional del Grabado y Ediciones de Arte Contemporáneo. Madrid Stand Galería C5 colección. Stand Centro Portugués de Serigrafía de Lisboa. Selección exposiciones colectivas 2008 - LatexoSinversos. Fórum Cultural de Vila Nova de Cerveira. Portugal. 2007 -V Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2007. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. - Musas. Fórum Cultural de Ermesinde. Portugal. 2006 -Ciclo de videocreación. Auditorio CGAC. Centro Gallego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela. -Octava.VIII Convocatoria Internacional de Jóvenes Artistas. Galería Luis Adelantado. Valencia. -Surrounding Matta-clark. Galería Carlos Carvalho. Arte contemporánea. Lisboa. -Urbanitas. Actitudes urbanas en el arte gallego actual. MARCO, Museo de Arte contemporánea de Vigo. -Fisuras no cotián. 9 narradoras no relato da violencia. Casa da Parra. Santiago de Compostela. Exposición individuales 2008 -PHE08 Yo también me acordaré de todos vosotros. Galería Astarté. Madrid. 2005/06 -Besbellar. A Chocolataría, D´5 Espazo de Experimentación e Creación Contemporánea. Santiago de Compostela. CAXIGUEIRO. Mondoñedo, 1955. CURRICULUM A súa estancia no Seminario de Estudios Cerámicos (Sargadelos) fai que estableza unha especial relación cos materiais cerámicos, presentes en boa parte da súa obra. A partir do ano 1990, o escultor vai traballar máis preto do concepto de instalación. A narración, a temática social, a utilización do chan, a presencia da poesía xunto coa mestura de correntes tan diversas como o expresionismo o conceptual e o minimal van ser constantes no seu traballo. OBRA A súa primeira exposición data do 1980 en Lugo, aínda que será na década dos 90 cando a súa obra desperta maior interese. A frecuente presencia nas galerías galegas, a participación en eventos como Arco, Foro Atlántico, etc... ou a inclusión das súas obras nas coleccións máis interesantes do país (Fenosa, Caixa Galicia, Caixavigo, etc...) falan do seu labor na arte contemporánea galega. INSTALACIÓNS 1990.- Guerreiros Museo Pablo Gargallo Zaragoza. 1992.- Sair, Mudar. Urxencias III, Moaña. 1996.- O Bosque das Ausencias Galería Clérigos. Lugo. 1998.- A linguaxe da memoria Galería Pardo Bazán. A Coruña. 1999.- Xeografías V Foro Atlántico, stand Galería Pardo Bazán. -Camuflaxe Galería Bacelos, Vigo. 2000.- Tras do Silencio, stand Galería Bacelos (Madrid, ARCO). -Linguaxe e memoria, Galería SCQ, Santiago. EXPOSICIÓNS INSTITUCIONAIS 1993.- Trazos e Camiños. Itinerante. 1994.- Escultura Ibérica actual. Itinerante. 1997.- De Asorey ós 90. A escultura moderna en Galicia (Auditorio de Galicia). 2000.- Galicia Terra Única (Fundación Barrié). -Escultura gallega contemporánea. La cerámica como punto de partida. Itinerante. -Diálogo co silencio. S. Domingo de Bonaval. Santiago. BIBLIOGRAFÍA Summa Artis. Cerámica Española. Trinidad Sánchez Pacheco.Enciclopedia Proxecto Galicia, Editorial Hércules. Antón Castro, Severino Penelas.De Asorey ós 90 (catálogo) Mª Luísa Sobrino. Escultura Gallega Contemporánea. La Cerámica como punto de partida. Antonio Garrido. Revista Internacional de Cerámica, etc...