Deputación de Lugo

A Área de Cultura da Deputación destinará 110.000 € á creación de bolsas

Imaxe deputación de lugo
Os bolseiros ampliarán a súa formación académica en distintos departamentos da rede museística e da área de cultura

As once bolsas convocaranse en réxime de concorrencia competitiva e terán unha duración de 12 meses O presidente en funcións da Deputación, Antón Bao, informou, na habitual rolda de prensa posterior á xunta de goberno, da próxima convocatoria de unha oferta de bolsas da Área de Cultura da Deputación. A oferta será de un total de once bolsas que terán unha duración de 12 meses. Para sufragar os gastos derivados da creación das bolsas a Área de Cultura destinará un total de 110.000 euros e cada unha das bolsas terá asignada unha partida económica de 10.000 euros. Os interesados terán un prazo de un mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no B.O.P. para presentar as solicitudes, os modelos de solicitude estarán á disposición dos interesados e interesadas nas dependencias da Área de Cultura da Deputación de Lugo. As bolsas convocaranse en rexime de concorrencia competitiva e a elas poderán presentarse todas as persoas que cumpran cos requisitos esixidos na convocatoria. Antón Bao informou de que a creación destas bolsas responde á obriga das institucións públicas de poñer medios para a formación práctica dos estudantes e dos recen titulados que aínda non tiveron contacto co mercado laboral “a nosa intención é poñer a disposición da comunidade educativa os mecanismos dos que dispoñemos para complementar a formación dos alumnos que se atopan nos últimos anos de carreira o aqueles que unha vez titulados aínda non puideron acceder a un posto de traballo”. RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO INMATERIAL, ARQUIVOS, BIBLIOTECAS, ETNOGRAFÍA, ARTES DECORATIVAS, ARQUEOLOXÍA E BELAS ARTES As doce bolsas creadas pola Área de Cultura irán dirixidas a distintos departamentos da Área de Cultura e da rede museística. • Dúas Bolsas para colaborar no programa para a recuperación e revalorización do Patrimonio Inmaterial. Estas bolsas teñen como finalidade a colaboración da Área de Deporte e Cultura na recuperación do Patrimonio Inmaterial. Requisitos específicos das persoas solicitantes: Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademáis de reunir os requisitos xerais establecidos na base terceira desta resolución: - Ser licenciado/a en Xeografía e Historia - Ser licenciado/a en Humanidades - Ser alumno/a do último ano de calquera das licenciaturas anteriores • Dúas bolsas para colaborar no programa de Cultura e Xornalismo. Estas bolsas teñen como finalidade a difusión e a promoción, a través dos medios de comunciación, do patrimonio cultural material e inmaterial das comarcas de Lugo. Requisitos específicos das persoas solicitantes: Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademáis de reunir os requisitos xerais establecidos na base terceira desta resolución: - Ser licenciado/a en xornalismo, publicidade e relacións públicas ou comunicación audiovisual. - Ser alumno/a do último ano de calquera das licenciaturas antes reseñadas. • Unha bolsa de colaboración no Departamento de Publicación e Redacción do Museo. Esta bolsa ten como finalidade a colaboración nas tarefas de publicación e redacción que desenvolve a Área de Cultura e Deporte. Requisitos específicos das persoas solicitantes: Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademáis de reunir os requisitos xerais establecidos na base terceira desta resolución: - Ser licenciado/a en Xeografía e Historia. - Ser licenciado/a en Humanidades. - Ser licenciado/a en Filoloxía - Ser alumno/a do último ano de calquera das licenciaturas antes reseñadas. • Dúas bolsas para colaborar nos arquivos e biblioteca da Rede Museística Estas bolsas teñen como finalidade a colaboura nas labores de arquivo e biblioteca da Rede Museística. Requisitos específicos das persoas solicitantes: Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademáis de reunir os requisitos xerais establecidos na base terceira desta resolución: - Ser licenciado/a en Xeografía e Historia - Ser licenciado/a en Humanidades - Ser diplomado/a en biblioteconomía e documentación - Ser licenciado/a en documentación - Ser alumno/a do último ano de calquera das titulacións anteriores. • Unha bolsa para colaborar nos departamentos de Etnografía e Artes Decorativas da Rede Museística Estas bolsas teñen como finalidade a colaboura nas labores propias dos departamentos de Etnografía e Artes Decorativas da Rede Museística. Requisitos específicos das persoas solicitantes: Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademáis de reunir os requisitos xerais establecidos na base terceira desta resolución: - Ser licenciado/a en Belas Artes - Ser licenciado/a en Xeografía e Historia - Ser licenciado/a en Documentación - Ser licenciado/a en Humanidades - Ser alumno/a do último ano de calquera das titulacións antes reseñadas. • Dúas bolsas para colaborar no Departamento de Arqueoloxía e Historia da Rede Museística. Estas bolsas teñen como finalidade a colaboura nas labores propias do departamento de Arqueoloxía e Historia da Rede Museística. Requisitos específicos das persoas solicitantes: Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademáis de reunir os requisitos xerais establecidos na base terceira desta resolución: - Ser licenciado/a en Xeografía e Historia - Ser licenciado/a en Humanidades - Ser alumno/a do último ano de calquera das titulacións antes sinaladas. Valorarase como mérito: - Posuir coñecementos informáticos - Posuir coñecementos de documentación e catalogación. • Unha bolsa de colaboración no Departamento de Belas Artes . Esta bolsa ten como finalidade a colaboración nas labores propias do Departamento de Belas Artes da Rede Museística. Requisitos específicos das persoas solicitantes: Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademáis de reunir os requisitos xerais establecidos na base terceira desta resolución: - Ser licenciado/a en Belas Artes - Ser licenciado /a en Humanidades - Ser licenciado/a en Xeografía e Historia - Ser alumno/a do último ano de calquera das titulacións antes sinaladas.