Deputación de Lugo

A Deputación inviste 600.000 euros na mellora da estrada que comunica a localidade de Cuíña con Lugo

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial inicia os traballos que contemplan o aglomerado, ensanche, drenaxe, sinalización, e bases para colectores en 6 quilómetros

A Deputación puxo en marcha este luns as obras de mellora na cp 2906 de Arieiras por Cuíña a Vilalbete. O organismo provincial inviste 600.000 euros no arranxo do treito que comunica a localidade de Cuíña coa capital luguesa. O persoal do departamento de Vías e Obras da Deputación traballa en 6 quilómetros deste vial, concretamente dende o punto quilométrico 0,000 ó 5,870. As actuacións contemplan: 7 centímetros de aglomerado en quente, ensanche da plataforma, drenaxe lonxitudinal e transversal, colocación de bases para colectores, e sinalización vertical e horizontal. Con estas obras, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, cumpre coa palabra dada ós veciños da zona que viñan demandando o arranxo desta vía que comunica coa antiga Frigsa.