Deputación de Lugo

O RESPONSABLE DA ÁREA DE CULTURA E DEPORTES INAUGURAOU HOXE OS PRIMEIROS CURSOS DE MONITOR DEPORTIVO E SOCIOCULTURAL FINANCIADOS POLA DEPUTACIÓN DE LUGO

Estes cursos, coordinados pola Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza (Forga), servirán para formar persoas que poidan asumir o desenvolvemento de actividades socioculturais e deportivas nos concellos

Antonio Veiga, como responsable da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, inaugurou hoxe as accións formativas que se van a levar a cabo dende a Área de Cultura e Deporte para poñer á disposición da cidadanía a posibilidade de formarse nos eidos do deporte e das actividades socioculturais. Estas accións formativas vanse materializar na realización de dous cursos de 300 horas de duración, cada un deles, que estarán coordinados pola Fundación para a Orientación Profesional a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza ( FORGA). Veiga indicou que “estes cursos están plantexados pa partires da demanda de profesionais existente neste ámbito, tanto por parte dos concellos como por parte das entidades culturais e deportivas que organizan actividades formativas”. Estas medidas formativas tamén constitúen unha ferramenta para que moitas persoas amplíen o seu horizonte á hora de buscar emprego en sectores nos que existe demanda de profesionais. A formación de profesionais no eido do deporte e da animación sociocultural é unha medida incardinada coas políticas que está a levar a cabo a área de cultura e deporte, dependente da vicepresidencia primeira da Deputación, de dotar de medios materiais e económicos aos concellos para mellorar e incrementar a oferta de actividades socioculturais e deportivas en todas as comarcas de Lugo. (Nota: envíanse fotos + corte de voz) INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA DENOMINACIÓN DOS CURSOS: Monitor/a Sociocultural: 300 Horas. Monitor/a Deportivo: 300 Horas. CENTRO IMPARTIDOR: Fundación para a Orientación Profesional a Investigación e o Desenvolvimento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza ( FORGA) LUGAR IMPARTICIÓN: Local FORGA LUGO sito en Rúa Ramiro Rueda, 11-13-baixo (Lugo) DATAS DE EXECUCIÓN PREVISTAS: Data de Inicio: 05 de Novembro de 2008 Data de Remate: 29 de Xaneiro de 2009 DESTINATARIOS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS: Traballadores e traballadoras en situación de desemeprego Traballadores e trablladorasen activo cuxo perfil curricular ou laboral estea relacionado coas areas da animación socio-cultural e deportiva CONTIDOS FORMATIVOS: MONITOR SOCIOCULTURAL: Técnicas experimentais para o estudo de campo Técnicas de planificación e deseño de programas técnicas de organización Técnicas de avaliación Dirección de equipos Técnicas de xestión MONITOR/A DEPORTIVO: Técnicas de desenvolvemento físico e aptitudinal Técnicas de desenvolvemento de actividades deportivas Técnicas de desenvolvemento físico integral Técnicas de xestión Seguridade e Hixiene e primeiros auxilios DOCENTES: Monitor/a Sociocultural: Licenciado/a en pedagoxía con experiencia profesional na animación sociocultural e animación de tempo libre. Monitor/a Deportivo/a: Licenciado/a en Educación Física con ampla experiencia de traballo en distintas disciplinas deportivas