Deputación de Lugo

A Deputación pon en marcha 6 medidas de axuda directa á economía da provincia en dous meses

Antonio Gato anunciou que se levará ó Pleno do vindeiro martes a rebaixa ó 3% da taxa polo Servizo Provincial de Recadación

O Pazo de San Marcos acollerá o 3 de novembro o Consello de Administración de Afigal, coa que se saldou a débeda dos últimos 4 anos O Deputado da Área de Cooperación cos Concellos e voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato Soengas, destacou este venres o traballo que está a realizar a Deputación en prol da economía da provincia con medidas de axuda directa que xa están en marcha ou que se aprobarán nos vindeiros días, “o que demostra a preocupación que existe por parte desta Deputación, dentro das súas limitacións, por combatir a crise económica”. Neste senso, Gato Soengas rexeitou as críticas vertidas polos representantes do Partido Popular, ós que acusou de “falta total de rigor” e de practicar “a descalificación permanente”. Antonio Gato subliñou que nun prazo de tan só dous meses a Deputación levou a cabo seis medidas estrictamente económicas. Segundo apuntou, “dúas destas medidas son de asesoramento, e xa se están a desenvolver con extraordinario éxito: a creación e consolidación de empresas de emigrantes lucenses no extranxeiro, que é pioneira por parte dunha administración española, e a sucesión de empresas familiares”. Ademais, lembrou o Plan do INLUDES que inxectará preto de 700.000 euros en axudas a microempresas e autónomos así como Km0, un programa dinamizador da economía da provincia no que xa participaron preto de 2.000 persoas. Nova rebaixa da taxa de recadación Por outra banda, o Deputado de Cooperación cos Concellos anunciou que o vindeiro martes se levará a Pleno unha modificación das bases do Servizo Provincial de Recadación pola que se rebaixará ata o 3% a taxa que deben aboar os 45 municipios que xa asinaron o convenio. “Esto supón, por exemplo, que nun Concello no que se recaden 500.000 euros, se deixarón de pagar por este servizo 5.000 euros, o que na práctica supón un novo ingreso”. No Pleno tamén se debatirá outra iniciativa pola que se solicitará ó Ministerio de Economía e Facenda que se inclúa no padrón do IBI os Centros Penitenciarios, que na actualidade están exentos deste tributo. “Na nosa opinión estes centros teñen todas as circunstancias para ser considerados como bens de características especiais, o que supoñería un importante ingreso para os Concellos nos que se ubican”. En caso de que non se acometa o cambio lexislativo necesario “solicitarase ó Goberno que se compense a estes municipios polos ingresos que deixan de recibir a consecuencia de esa exención”. Reunión Afigal Pero ademais destas medidas acometidas directamente pola Deputación en prol da economía lucense, Gato Soengas destacou outras indirectas, como a súa participación en Afigal, a Sociedade de Garantía Recíproca que ten entre os seus obxectivos outorgar avais financieiros ás máis de 9.000 Pemes que a compoñen. O voceiro socialista lembrou que esta é outra das débedas históricas da Deputación que tivo que saldar o actual equipo de goberno. O organismo provincial non comprara as accións previstas para as anualidades que van de 2004 a 2007. Esta débeda, de 153.000 euros, xa foi aboada, e nos presupostos de 2008, está consignada a cantidade para este ano, de 45.000 euros. O voceiro socialista anuniciou que o vindeiro 3 de novembro o Consello de Administración de Afigal, presidido por Antonio Fontena, se reunirá na Deputación. Acordos Xunta de Goberno A Xunta de Goberno aprobou 27 contas xustificativas de obras correspondentes a Plans de Comunidades Veciñais que suman un presuposto total de 228.376 euros dos que a Deputación subvenciona 146.464. Tres corresponden ó Plan de 2005, 8 ó de 2006 e 16 ó de 2007. Polo que se refire ós Concellos son obras realizadas en Alfoz, Baralla, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Lourenzá, Lugo, Meira, Monforte, Monterroso, Outeiro de Rei, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Sarria, O Valadouro, Viveiro e Xermade. “Do ano 2005 quedan 10 contas xutificativas por aprobar. As correpondentes a 2005 e 2006 é unha das cargas que nos deixou o anterior equipo de goberno por mor da falla de capacidade de xestión”, apuntou o voceiro socialista. Gato Songas lembrou que o 27 de outubro remata o prazo para que as comunidades que optan ás axudas de 2007 realicen as obras subvencionadas polo Plan de Cooperación.