Deputación de Lugo

44 AGRUPACIÓNS MUSICAIS REALIZARON UN TOTAL DE CEN ACTUACIÓNS GRAZAS AO CONVENIO ENTRE CAIXA GALICIA E A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN

As actuacións musicais chegaron a 38 concellos de todas as comarcas de Lugo

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, e o xerente da Obra Social de Caixa Galicia, Sinesio Pérez Rodríguez, presentaron un balance do convenio asinado entre ámbalas dúas entidades para a financiar a actuación de agrupacións musicais nas parroquias, vilas e concellos de Lugo durante o ano 2008. Este convenio tiña unha dotación económica de 48.000 euros aportados pola Obra Social de Caixa Galicia e pola Área de Cultura da Deputación ao 50%. Este convenio ten por obxecto financiar a actuación de grupos de música tradicional, bandas de música e corais en festas, actos culturais e outras actividades organizadas por concellos, colectivos culturais e outras institucións e entidades sen ánimo de lucro. Esta iniciativa conxunta da Obra Social de Caixa Galicia e da Área de Cultura da Deputación serve para mobilizar recursos cara a actividade cultural. A partida económica destinada a este programa ten un dobre efecto social xa que se colabora coa difusión da actividade musical das entidades culturais que traballan no eido musical e por outra pate serve para colaborar coa programación cultural de concellos, entidades culturais e comisións de festas. Ademais, grazas a este convenio, dáselles a oportunidade ás agrupación musicais de dar a coñecer o seu traballo polas parroquias e concellos da provincia ao respecto desto o vicepresidente primeiro da Deputación comentou que “se crea un efecto de interconexión cultural entre asociación de distintos concellos e comarcas de Lugo”. Antón Bao agradeceu o compromiso da Obra Social de Caixa Galicia coa música e coa cultura galega á hora de invertir os seus fondos. Pola súa banda Sinesio Pérez, en nome de Caixa Galicia, destacou a importancia de apostar pola xente que traballa na música con vocación dende a base do tecido asociativo, tamén se felicitou pola “sensibilidade de ámbalas dúas institucións á hora de destinar recursos a este tipo de programas”. AS CIFRAS No programa participan un total de 44 agrupacións que, ata agora, realizaron 100 actuacións en 38 concellos da provincia. En canto aos grupos de música tradicional participaron 22 colectivos que realizaron 50 actuacións; participaron 16 bandas de música que fixeron 41 actuacións; tamén participaron 6 agrupacións corais que fixeron un total de 9 actuacións. GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL: Asoc. Cultural Cantigas e Frores, Asoc. Cultural Andaina, Grupo de Gaitas Os Minhotos, Grupo de Gaitas Cacharela, Grupo Airiños do Neira, Asoc. Cultural O Carballo de Taboada, Banda de Gaitas do Concello de Monforte, Grupo de Gaitas Buxaina, Asoc. Cultural Xermolos de Guitiriz, Asoc. Cultural Falcatrueiros de Monterroso, Gaiteiros de Riotorto, Asoc. Cultural Leña Verde de Pol, Asoc. Cultural Nova Semente, Asoc. Cultural Airiños do Xunco, Asoc. Cultural María Castaña, Asoc. Cultural Saiñas de Xove, Grupo de Gaitas Arco da Vella, Cova Nuada, Asoc. Cultural Sociedade Ledicia de Burela, Asoc. Cultural O Castelo, Asoc. Cultural Rio Miño de Portomarín, Banda de Gaitas de Bóveda. BANDAS DE MÚSICA: Banda de Música O Requinto, Banda Orquestra Pascula Veiga, Banda de Burela, Banda de Paradela, Banda de Taboada, Banda de Antas de Ulla, Banda de Monforte, Banda de Vilalba, Banda de Carballedo, Banda de As Nogais, Banda de Chantada, Banda de Sober, Banda de Palas de Rei, Banda O Landro de Viveiro, Banda de Foz, Banda de Bóveda. CORAIS: Coral Polifónica de Taboada, Coral de San Antonio, Coral Recreativa de Renfe, Coral Xolda, Coral de Ribadeo, Coral Luar de Vilalba.