Deputación de Lugo

A ÁREA DE CULTURA LEVOU Á XUNTA DE GOBERNO A APROBACIÓN DE VARIAS AXUDAS E O PREZO PÚBLICO DE DOUS LIBROS DO SERVIZO DE PUBLICACIÓNS

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, informou, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, da aprobación do establecemento da tarifa do prezo público do libro titulado “Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo” para as reedicións dos volumes VII e VIII. O prezo foi fixado, para ámbolos dous tomos, en seis euros para a venda ao público aplicándose un desconto do 30% para a distribución concertada. AXUDAS A COLECTIVOS CULTURAIS E DEPORTIVOS O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, anunciou que na Xunta de Goberno da Deputación celebrada hoxe se aprobaron as contas xustificativas de un total de 16 axudas a entidades veciñais para a realización de actividades culturais. Estas axudas suman un total de 21.717,48 euros e corresponden ao Plan de Cooperación con Entidades Veciñais do Ano de 2007.