Deputación de Lugo

ANTÓN BAO RECIBIU AO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN
GALEGA DE BALONCESTO

Na xuntanza analizaron as posibilidades de colaboración entre a Área de Deporte da Deputación de Lugo e a Delegación Lucense da FEGABA

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, recibiu no seu despacho ao presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, que asistiu á xuntanza acompañado da delegada en Lugo da FEGABA, Patricia Rico. Durante a xuntanza os representantes de ámbalas dúas institucións analizaron as posibilidades de colaboración entre a Área de Deporte da Deputación de Lugo e a Delegación Lucense da FEGABA. O vicepresidente primeiro, Antón Bao, informou aos representantes da FEGABA sobre cal é o modelo deportivo e as políticas que se van a seguir dende a Área de Deporte da Deputación, gobernada polos nacionalistas, de cara ao futuro. Antón Bao declarou que “estamos abertos a colaborar con tódalas entidades que traballen pola promoción do deporte de base dende unha óptica galega e somos conscentes da tradición que o deporte do baloncesto ten na cidade de Lugo e noutras comarcas lucenses como é o caso de A Mariña”.