Deputación de Lugo

Gómez Besteiro asegura que a colaboración entre a Deputación e a Subdelegación seguirá “pola liña da transparencia”

O Presidente provincial recibiu ó novo representante do Estado en Lugo, José Vázquez Portomeñe

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este venres ó novo Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe. No que foi a primeira toma de contacto institucional co representante da administración do Estado en Lugo, Gómez Besteiro agradeceu a Portomeñe que o organismo provincial fose unha das primeiras institucións que ten previsto visitar nos vindeiros días. No transcurso da recepción, á que foron convidados o Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, e os voceiros dos grupos políticos, o máximo mandatario provincial amosou a súa satisfacción polo nomeamento de Portomeñe. “Estou satisfeito pola súa designación, xa que estou seguro que vai desempeñar o cargo con brillantez e, sobre todo, porque a liña de colaboración que hai entre as dúas administracións vai ser transparente e de colaboración, xa que a primeira porta onde se peta para saber de temas que atinxen á Administración Xeral é a da Subdelegación. A cooperación entre institucións debe ser polo que se tarballa aquí. Estamos para sumar e non restar”. Pola súa banda, Portomeñe engadiu que “a vía de traballo que se abre vai ser aberta e institucional, facendo as cousas baixo o diálogo, que a base das institucións democráticas avanzadas. A oferta de colaboración e o traballo ó servizo da cidadanía é o que nos une a todos”. Festividade anual avogados O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou tamén na conferencia “Situación actual da Administración de Xustiza e proxección visitable”, organizada co motivo da Festividade anual do Colexio Provincial de Avogados. A lección maxistral correu a cargo do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela García. Ó remate da mesma fíxose entres das medallas e insignias ós letrados que cumpren 40 e 50 anos de exercicio profesional.