Deputación de Lugo

Gómez Besteiro pide a implicación das administracións co sector lácteo, “estratéxico en Lugo”

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación clausurou as II Xornadas Técnicas de Recría de Sarria

O titular provincial destacou a contribución da Deputación ó sector láceo coa creación do Centro de Recría na Granxa Gayoso Castro O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu este sábado en Sarria a necesidade de que todas as administracións sumen esforzos «para adoptar solucións conxuntas que dean resposta á complicada situaicón que está a travesar o sector lácteo, especialmente na provincia de Lugo, onde este é un sector estratéxico». Gómez Besteiro dixo que «tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio, teñen que tomar decisións de forma rápida. Pero tamén debemos involucar, por exemplo, ó consumidor, para que saiba que o leite que consume é o que producen os seus veciños». Gómez Besteiro fixo estas afirmacións no acto de clausura das segundas Xornadas Técnicas de Recría organizadas polo Concello de Sarria dentro do programa da Feira de San Isidro Labrador, e no que estivo acompañado polo Alcalde de Sarria e Deputado provincial, Claudio Garrido. Centro de Recría da Deputación Polo que atinxe á Deputación, o Presidente destacou ó Centro de Recría que vai construír o organismo provincial na Granxa Gayoso Castro, un dos proxectos máis ambiciosos levados a cabo no últimos anos no campo galego. «Cando chegamos á Deputación, asuminos o compromiso de crear un Centro de Recría, atendendo así unha vella demanda da provincia». Neste momento, estase coa fase da redacción do proxecto «no que lle daremos audiencia a todos os sectores que teñan algo que aportar nesta materia. O Centro atenderá á recría dunhas 4.000 novillas, o que permitirá aforrar custes a aqueles produtores que agora teñen que desprazarse fóra». Na actualidade, moitos gandeiros deben ir a Zaragoza para a recría de novillas, cun gasto aproximado de entre 70 e 80 euros mensuais por cabeza de gando. Novillas da Granxa Gayoso Castro Por outra banda, a Deputación cede 19 novillas da Granxa Gayoso Castro para a exposición de raza Rubia Galega, dentro da feira de San Isidro de Sarria. A presenza da Deputación nesta iniciativa, que se celebra esta fin se semana, é posible grazas ó convenio de colaboración entre ainstitución provincial e a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacuno Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA). Na exhibición de gando que acolle esta feira, unha das máis importantes de Galicia, hai exemplares de rubia galega pertencentes a nove explotacións da provincia de Lugo. Entre os cen animais que toman parte nesta exhibición de raza rubia non faltarán algúns dos mellores exemplares, como os touros Toxo, Graciaso e Moisés, que a pesar da súa impresionante envergadura, destacan pola súa docilidade.