Deputación de Lugo

Gómez Besteiro anuncia a ampliación dos hortos da Deputación no río Rato

O organismo provincial e a Federación de Asociación de Veciños habilitarán 30 novas parcelas tralo éxito acadado por esta inicitiva incluída no Lug02

O Presidente da Deputación entregou os diplomas de cesión de uso destes hortos, incluídos ós de 20 novos usuarios O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou este xoves que o organismo provincial, en colaboración coa Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, ampliará os hortos do río Rato, ubicados en terreos da Deputación. Gómez Besteiro destacou que “esta iniciativa está a ser todo un éxito e hai grande demanda por parte dos veciños, polo que ampliaremos os hortos en 30 parcelas máis, das que hoxe mesmo cedemos 20 a novos usuarios”. Gómez Besteiro fixo este anuncio durante a entrega dos diplomas que acreditan a cesión do uso destas parcelas, un acto que tivo lugar nos propios hortos e ó que asistiron ós usuarios dos terreos. O máximo responsable provincial subliñou que estes hortos se inclúen dentro do proxecto europeo Lug02, “un programa medioambiental moi ambicioso que ten, entre as súas liñas de actuación, a promoción dos nosos produtos”. Ademais, afirmou que con estes hortos “contribuímos a mellorar a dieta, xa que os veciños que cultivan aquí, poden comer produtos frescos e de calidade”. O máximo responsable provincial, que estivo acompañado polo presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, agradeceu o traballo que está a realizar esta organización veciñal na xestión dos hortos. Perfil dos usuarios Neste momento, están cedidas 144 parcelas: 109 parcelas no Paseo do Rato e 35 na zona de Ponte Romai. Coa esta ampliación, o número de parcelas pasará a ser de 174. Gómez Besteiro destou que as parcelas son empregadas por veciños de todas as idades. “Aquí veñen a cultivar os seus produtos tanto xubilados como traballadores ó remate da súa xornada laboral. Ademais, tamén é habitual ver nenos acompañando ós seus familiares”. Os usuarios dos hortos dispoñen de xeito gratuíto de todas as ferramentas necesarias así como das sementes. Contan con axuda de monitores en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 durante a semana, e de 10:30 a 13:00 os sábados.