Deputación de Lugo

Constituída a comisión mixta que estudará a transferencia dos traballadores dos hospitais provinciais ó SERGAS

Na Xunta de Goberno aprobouse a contratación de cursos de formación para traballadores da Administración Local

Hoxe quedou constituída a comisión mixta encargada de estudar a Valoración de Postos de Traballo da Deputación de Lugo. Neste primeiro encontro, os representantes da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa recibiron unha proposta de Valoración de Postos de Traballo dos hospitais provinciais de San Rafael e San José elaborada por técnicos. Neste documento analízase a situación na que se atopan os traballadores dos dous hospitais e as condicións nas que serán transferidos á administración autonómica. O voceiro do grupo provincial do PSOE, Antonio Gato Soengas, dixo que “se traballará para tentar acadar unha proposta consensuada co obxectivo de levala ó pleno provincial de outubro”. Gato Soengas afirmou que este documento “servirá de base para que os traballadores conten con todo o amparo da Deputación e o máximo rigor no proceso de transferencia dos hospitais provinciais ó SERGAS”. Na opinión do voceiro socialista “este paso é un piar fundamental en todo este proceso”. A comisión mixta constituída hoxe está formada polo Deputado de Perosal e Réxime Interior da Deputación, Melchor Roel, o xefe de área, o xefe de servizo e catro representantes da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa, (dous por cada órgano de representación e un por sindicato). Despois de ser analizado por esta comisión, o documento será remitido á Xunta de Persoal e ó Comité de Empresa e a continuación ás comisións informativas. Acordos da Xunta de Goberno O voceiro do grupo provincial do PSOE fixo este anuncio na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación que acordou, entre outros asuntos, adxudicar á empresa COMPUTER3-SL o contrato para a realización de 22 accións formativas en informática e novas tecnologías destinadas a traballadores da Deputación e dos concellos da provincia. Esta adxudicación, por 68.850 euros, está incluida no Plan de Formación Continua da Deputación 2007 para o que o Instituto Nacional de Administración Pública concedeu unha subvención de 194.000 euros. Por outra banda, decidiuse rescindir dous contratos de obra á empresa Metrovial S.L. por incumprimentos nos prazos e por non subsanadas deficiencias apreciadas pola Dirección Ténica. Un dos proxectos é o de abastecemento de Auga e Saneamento das parroquias Quiroga, Villanuiz, Anguieiros , Bendillo e Tor, no concello de Quiroga que estaban presupostadas en 102.370 euros e foron adjudicadas en 84.956 euros. O outro contrato rescindido atinxe á terminación da gardería municipal, tamén en Quiroga, presupostada en 90.151 euros e adjudicada en 82.732. A empresa será penalizada coa incautación das garantías e coa inhabilitación para celebrar contratos coa Deputación durante 5 años. A Xunta de Goberno tamén acordou adxudicar á empresa Transformaciones Agrarias Isidro Blanco Trigo a obra da cuberta para o campo de fútbol de Castro de Rei por 90.588 euros. Ademais, con carácter de urxencia, decidiu contratar o seguro de vehículos e maquinaria da Deputación á empresa Helvetia Compañía Suíza, por unha cantidade de 41.600 euros.