Deputación de Lugo

O Deputado de Infraestruturas recibirá ó Alcalde de Lourenzá para desbloquear as obras da estrada entre San Xurxo e Arroxo

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación dá resposta así á petición do rexedor municipal e dos veciños de Requeixo

O Deputado de Infraestruturas, Manuel Martínez, recibirá a vindeira semana ó Alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra, para chegar a un acordo sobre as obras de ampliación e mellora do vial entre San Xurxo e Arroxo que acomete a Deputación. Deste xeito, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, quixo dar resposta á petición do rexedor municipal e dos veciños de Requeixo afectados polos traballos do vial. Na xuntanza, analizarase a demanda que fan os veciños de Requeixo, por donde discorre a estrada, en relación ó proxecto, principalmente no que se refire á mellora de intersección do cruce de acceso ás Bodegas, xa que o previsto inutiliza a saída en dirección a Mondoñedo. A estrada inclúese dentro do Plan de Obras e Servizos de 2007 e fora adxudicada polo anterior goberno da Deputación. As previsións do organismo provincial son rematar os traballos antes do mes de setembro.