Deputación de Lugo

A Deputación investirá preto de 600.000 euros na mellora dunha estrada provincial en Begonte

Imaxe deputación de lugo
A Xunta de Gobernoadxudicou a subministración de dous novos vehículos para o Parque Móbil

A Deputación investirá preto de 600.000 euros en mellorar o treito do cinto comarcal de 7,500 quilómetros que une a Nacional VI, á altura do polígono industrial de Begonte, e a LU-541, de Rábade a Vilalba. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, interrumpíu as súas vacacións para presidir a Xunta de Goberno deste venres que aprobou o prego de cláusulas administrativas e o proxecto técnico desta obra incluída no POS 2009. Trala reunión da Xunta, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, destacou a importancia deste proxecto que “mellorará as comunicacións do polígono construído en Begonte por Suplusa”. O proxecto inclúe o afirmado en quente, “que é a aposta que fai o actual equipo de goberno para todas as obras novas, xa que é un material que se conserva moito mellor, e isto supón un aforro en mantemento”. O proxecto, presupostado en 590.000 euros, tamén contempla a sinalización vertical e horizontal da vía. Parque Móbil O goberno provincial acordou a adxudicación provisional de dous novos vehículos para o Parque Móbil provincial: un camión gravilleiro e caixa basculante e un camiión cisterna de emulsión asfáltica, ós que se destinan 264.232 euros. Lara Méndez dixo que “para o Presidente da Deputación foi prioritario desde un principio reforzar o Parque Móbil e dotalo con maquinaria axeitada para realizar obras en vías locais, un xeito máis de Cooperar cos Concellos”. Segundo apuntou a responsable provincial, “a renovación do Parque Móbil é imprescindible para atender ás necesidades dos Concellos da nosa provincia. Por este motivo, cando chegamos ó goberno da Deputación case duplicamos o presuposto destinado a este capítulo”. Do orzamento de 1.348.538 euros que había en 2007 pasouse á partida de 2.569.019 euros en 2008 e a 2.623.916 euros en 2009. Este ano incorporouse un novo semi-remolque tipo bañeira para o transporte de áridos e unha motoniveladora para a realización de traballos de nivelación, refino, apertura e limpeza de cunetas, corte de taludes, mantemento de pistas, ou limpeza de escombreiras e bordes de terrapléns. Ademais xa leva funcionando varios meses outro equipo formado por un camión cisterna de emulsión asfáltica e uncamión gravilleiro e caixa basculante.