Deputación de Lugo

Grande afluencia no I Campionato de Surf Km0 Xtreme da Deputación de Lugo

Imaxe deputación de lugo
null

Preto de cincocentas persoas achegáronse esta fin de semana á praia ribadense dos Castros para presenciar o I campeonato de Surf Km0 Xtrem, impulsado pola Deputación de Lugo e organizado pola empresa HolaOla coa fin de difundir as Reservas da Biosfera da provincia. A proba coincidiu coa celebración da terceira Proba do Circuito Galego de Surf e Longboard Open 2009, polo que todos o público puido gozar dun bo nivel. Na Expresión Sesion o premio da Mellor onda foi para Santi Díaz; a Mellor Manobra para Brandan Araujo. No Surf Open Femenino, as gañadoras foron: Erika Franco, Siri Apple, Cristina Fornos e Guiomar Digon. No Longboard Open Masculino foron: Antonio Varela, Luis Rodríguez e no Surf Open Masculino: Pablo Romero, Jaji Iglesias, Santi Díaz e Rafa Dopico. Os premios foron entregados polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Vicepresidenta 2ª –Lara Méndez-, e o Alcalde de Ribadeo -Fernando Suárez. En total, ó redor de 70 participantes competiron nas modalidades de Surf masculino e femenino e longboard. O circuito comezou o sábado ó redor das 10:30 horas da mañá e rematou ás 17:30 horas do domingo coa entrega de premios. Constou de 24 mangas: 15 para surf masculino, 4 para o feminino e 5 para longboard. Antes da entrega de premios sortearonse mochilas ecolóxicas, unha táboa de surf, e diverso material promocional do programa da Deputación.