Deputación de Lugo

Gómez Besteiro reivindica a utilidade da Deputación na apertura da Porta da Falsa Muralla

Imaxe deputación de lugo
O Presidente do organismo provincial establece un paralelismo entre a función da Deputación e a finalidade da Porta

Lembra que o Plan Urban “humanizará máis a cidade” revitalizando o contorno e a economía da zona de San Marcos Acuña o termo Lugozar como sinónimo para desfrute dos veciños da provincia Anuncia o apoio da Deputación “nun man a man co Concello” na celebración do X aniversario da Muralla como Monumento Patrimonio da Humanidade O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo alcalde da cidade, José López Orozco, abriu a Porta Falsa, un dos accesos a Muralla “de maior, utilidade, antigüidade e o mesmo tempo de modernidade”. Gómez Besteiro sinalou a condición peonil deste acceso, “en sintonía co “urbanismo sostible que persegue humanizar a cidade”. O máximo mandatario provincial salientou o traballo conxunto entre a Deputación e o Concello “para humanizar máis Lugo co Plan Urban” xa que, fará de San Marcos unha rúa que poderá ser transitada polos veciños da provincia, e permitirá abrir os xardíns ubicados detrás do Pazo Provincial á Muralla. A este respecto, Gómez Besteiro acuñou o termo “Lugozar”, “o Plan Urban serve, entre outras cousas, para que os lugueses poidan desfrutar, unha cousa ben importante”. Gómez Besteiro estableceu un paralelismo entre a función da Deputación e a finalidade da Porta Falsa. “A Deputación quere ser igual de útil e estratéxica para lucenses, cooperando cos Concellos, porque cremos que xuntos aforramos máis”. Neste senso, o Presidente do organismo provincial destacou que a Deputación “ten abertas as súas portas aos habitantes de Lugo, poñendo fin ao illamento crónico que mantiña”. Da mesma forma lembrou que a Porta foi paso de militares; por ela chegaba a auga da fonte de Paradai; e que era a última porta que cruzaban os reos cara o Campo da Forca. “Segue sendo unha das máis útiles de toda a Muralla” porque é acceso aos Centros de Saúde, ao aparcadoiro da Praza de Ferrol; oa edificio multiusos da Xunta, aos colexos ou a Deputación”. Na súa intervención, José Ramón Gómez Besteiro, agradeceulle ao alcalde lugués a súa invitación para abrir de forma “simbólica” a Porta Falsa. Ao memso temo aproveitou a ocasión para bromear sobre o seu nome engadindo: “cando me dixeron que o Ministro de Fomento abrirá a Porta da Estación, porque nos próximos anos comunicará coa futura estación intermodal, e que o Presidente da Xunta a Porta de Obispo Aguirre; e a ti tócache a Porta Falsa pensei…: isto non será unha indirecta?”. O vindeiro ano celebraráse o X aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade. A este respecto, Gómez Besteiro anunciou “o apoio da Deputación nun man a man co Concello, que servirá para poñer, unha vez máis, a Lugo no mapa, e amosar ao mundo enteiro o Monumento do que nos sentimos tan orgullosos”.