A Deputación inviste preto de 500.000 euros no acondicionamento da CP de Gontán ó Valadouro
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
Trátase dunhas actuacións moi demandadas polos veciños debido aos continuos derrubamentos na zona, e que buscan garantir a seguridade dos viandantes O Presidente subliña que en menos dun ano xa arranxamos dous treitos deste estrada, que levaba máis de 20 anos abandonada O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acudiron este venres ao Concello do Valadouro para supervisar o estado da estrada CP 0101 de Gontán a Ferreira de Valadouro. No transcurso desta visita, Gómez Besteiro anunciou que a Deputación vai acometer novas obras de mellora neste vial nas que, en menos dun ano, o organismo provincial inviste preto de 500.000 no seu arranxo. Gómez Besteiro subliñou que se trata dunhas obras moi demandadas polos veciños debido aos derrumbamentos que acontecen na zona, e coa que buscamos dar a máxima seguridade aos viandantes. O máximo mandatario provincial adiantou que a Deputación vai proceder agora ao acondicionamente de máis de 3 quilómetros desta estrada, concretamente dende o punto quilométrico 20,800 ao punto quilométrico 23,865. Trátase do treito que une Fonte da Vila e Balsa, onde o organismo provincial adica preto de 300.000 euros para levar a cabo as seguintes actuacións: reforzo e rexenaración da pavimentación do firme, sinalización vertical e horizontal, limpeza e construción de novas cunetas, e instalación de novas biondas. Outras melloras A Deputación xa levou a cabo obras de mellora entre o punto quilométrico 23.865 ao punto quilométrico 24.090 da CP 0101 nas que investiu 200.000 euros para a contrución dun muro de escolleira, a reposición da plataforma, o acondicionamento do firme, e a colocación de biondas. Gómez Besteiro salientou o esforzo realizado polo actual equipo de goberno nesta estrada que levaba máis de 20 anos abandonada, a diferenza do que facía o goberno do PP, quen acometía estas actuacións con carácter de urxencia despois de que un camión se saíse da vía e provocase un socavón. O titular provincial indicou que en menos dun ano arranxamos dous treitos desta estrada que, ademais, era moi demandada polos veciños do Cadramón. Neste senso, o Presidente da Deputación destacou o traballo levado a cabo polos técnicos do departamento de Vías e Obras que tres meses, dende marzo a maio, e coa máxima axilidade solventaron as dificultades para transitar.