Deputación de Lugo

Gómez Besteiro recibe ós participantes no Congreso de Literatura Hispánica e Prensa Periódica (1875-1931)

Gómez Besteiro recibe ós participantes no Congreso de Literatura Hispánica e Prensa Periódica (1875-1931)

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este xoves ós participantes do Congreso Internacional de Literatura Hispánica e Prensa Periódica (1875-1931) que se desenvolve desde o luns ata o venres 28 de novembro na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo. Gómez Besteiro, que estivo acompañado do organizador do Congreso, Javier Serrano, deulles a benvida ós congresitas e explicoulles cal é a función do organismo provincial. “Para nosotros es importante que todo el mundo venga a la Diputación y conozcan a qué se dedica y en qué colabora. Queremos que se perciba que es una institución útil para los vecinos”. Asimesmo, o máximo mandatario provincial lembrou que a recepción se enmarca dentro do obxectivo de abrir o organismo á sociedade. Deste xeito, lembrou que fai quince días estuveron por primeira vez en Lugo Presidentes doutras administracións provinciais de España. Gómez Besteiro entregou un copia da Declaración Lugo asinada polos reponsables provinciais a Javier Serrano, “un documento que une a la provincia de Lugo y a la ciudad con la historia del municipalismo español. Este acto también simboliza nuestro compromiso con la Universidad donde nosotros recibimos, pero también aportamos lo que tenemos”. Gómez Besteiro tamén destacou que Lugo é unha provincia que aposta polo medio ambiente, con 10.000 quilómetros cadrados dos que 5.500 están declarados pola UNESCO Reserva da Biosfera. O centro universitario reúne durante este días a conferenciantes de universidades europeas, americanas e australianas, que disertan sobre as correntes de investigación sobre prensa literaria. O encontro contén oito conferencias impartidas por destacados especialistas en prensa literaria e cunha ampla traxectoria investigadora. O resto das sesións están adicadas á exposición e ó debate das comunicacións centrándose nos seguintes temas: a imaxe do escritor na prensa (entrevistas, autorretratos, semellanzas, iconografía...), a prensa como taller literario (estudos de ecdótica), prensa como foro de discusión literaria e literatura e prensa galega. O Congreso está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e patrocinado pola Sociedade Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC), o Ministerio de Cultura, a Deputación de Lugo, o Concello de Lugo e a Secretaría Xeral de Comunicación.