Deputación de Lugo

A Deputación doa unha novilla da Granxa Gayoso Castro para a Feira de San Isidro de Sarria

Imaxe deputación de lugo

A Deputación de Lugo cede unha novilla da Granxa Gayoso Castro para a exposición de raza Rubia Galega que estará presente na feira de San Isidro de Sarria. A presenza da Deputación nesta iniciativa, que se celebrará desde mañá ata o domingo 9 de maio, é posible grazas ó convenio de colaboración que a institución provincial mantén coa Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacuno Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA). O vínculo de ACRUGA coa Deputación de Lugo comezou hai tres anos cun acordo que se establece que a Asociación deposita un número de novillas nas instalacións provinciais para expandir a raza. As reses cómpranse ós gandeiros e logo véndense a outros puntos de España. A actividade deste entidade baséase: na promoción da raza, a través da celebración dos concursos nacional e rexional, na participación en exposicións internacionais con presenza dun número importante de animais e unha forte promoción informativa da raza para cruzamento industrial a nivel nacional e internacional, facilitando material xenético en países como Alemaña e Portugal, e edición de documentación técnica. A exhibición de gando que acolle a feira de Sarria, unha das máis importantes de Galicia, contará con preto de 200 cabezas. Durante estes dous días poderase comprobar porque estas novillas foron seleccionadas como as mellores reses dentro dun rabaño de elite, no que priman as cualidades morfolóxicas; a reprodución, é dicir a facilidade de parto; e a produción, prestando especial atención á capacidade de crecemento ou á calidade da carne, entre outras cuestións.