Deputación de Lugo

A Deputación acolle a presentación do Campionato de Sumilleres de Galicia

Imaxe deputación de lugo
O gañador de dito evento representará á Comunidade Autónoma no Concurso de Sumilleres de España 2010 que se desenvolverá en Alicante no mes de outubro

A Vicepresidenta Segunda participa na presentación do certame “que contribúe a promocionar a provincia e os seus produtos autóctonos” A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, a Presidenta e o Vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia”, Mercedes González e Luis Padín, presentaron este martes o Campionato Galego de Sumilleres que se celebrará o vindeiro mércores, 19 de maio, no IES San Xillao de Lugo. A Lara Méndez destacou a importancia do certame, “xa que contribúe a promocionar a provincia e os seus produtos autóctonos. Precisamente, na Deputación, coa campaña Lugosabe, impulsamos a economía provincial neste eido”. O gañador de dito evento representará á Comunidade Autónoma no concurso nacional que se desenvolverá en Alicante no mes de outubro. O segundo participará no Campionato Custodio López Zamarra e o terceiro nalgún outro certame, que aínda está sen definir. Poderán participar todos os profesionais que desenvolven a súa actividade en Galicia, tanto no campo da hostalería como en tendas especializadas en viño. A Presidenta da Asociación, quen explicou o programa do Concurso, destacou que “en Galicia existen 9 escolas profesionais de hostalería e Lugo comeza a ser representativo neste eido. En total, participarán unhas 15 persoas. O viño non deixa de ser cultura”. Desenvolvemento do certame O evento comezará ás 11 da mañá e constará de dúas fases: a primeira, está composta dun exame tipo test, no que se valorarán coñecementos de enoloxía, viticultura, ou vinificadores; así como dunha proba de cata, que inclué a determinación da uva, zona vinícola de 4 viños e recoñecemento de 4 destilados en cata cega. Os participantes que superen estas dúas probas pasarán a gran final que se consiste de 4 probas ante unha mesa de esixentes clientes. Na segunda fase, enfrontaranse os tres finalistas coas mellores puntuacións das seguintes probas: carta errónea, na que deben identificar os posibles erros dunha carta de viños; armonía: o concursante escollera os viños axeitados para un menú da carta; servizo: deberán realizar unha decantación e servizo dunha botella de viño ó xurado e unha apertura dun espumoso. 150 asociados A asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia” é unha das asociacións máis fortes a nivel nacional. Conta con 150 asociados e naceu hai 12 anos como consecuencia dos cambios que, constantemente, se producen no panorama da gastronomía e, especialmente, en todo o referente ó mundo da vitivinicultura. No seu palmarés conta cos gañadores do Campionato de Formadores de Champagne de España. Algúns dos asociados son integrantes ademais de AEPEV (Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño) e FIJEV (Federación Internacional de Journalistes e Escritores do Viños). Asimesmo, dispoñen da edición de dúas Guías de Viños, Augardentes e Adegas de Galicia, outra que reúne todos os datos de Galicia e cata de máis de 400 viños, ademais dun concurso de viños oficialmente recoñecido polo Ministerio de Meido Ambiente, Rural e Mariño.