Deputación de Lugo

A Capela da Deputación estrea a exposición internacional de arte uruguaio Borde Sur

A viaxe realizada por Gómez Besteiro a Sudamérica fixo que Lugo fose a primeira cidade do mundo en acoller as propostas destes profesionais de recoñecido prestixio

A mostra reúne as mellores creacións de 59 artistas que tamén levarán as súas creacións a outras cidades como Madrid, Barcelona, Berlín ou Nova YorkO Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, presentou este martes a exposición internacional Borde Sur que permanecerá na Capela de Santa María desde o mércores 29 ata o 31 de maio. A mostra reúne as mellores creacións de 59 artistas uruguaios contemporáneos e de recoñecido prestixio, que representan catro xeracións distintas, e que plasman sobre o lenzo a posibilidade de coñecer o lugar que ocupa a fronteira e que enfronta a cada artista coa noción do límite e das súas consecuencias. Gómez Besteiro, subliñou que “a exposición sitúa ó espectador nas dificultades e limitacións que, moitas veces, representan as fronteiras físicas, psicolóxicas e afectivas nas persoas”. A visita realizada polo máximo mandatario provincial en setembro de 2008 foi determinante para traer a mostra a Lugo. Neste senso, subliñou que “o reencontro cos nosos veciños de Uruguai serviu para abrir novos mercados e oportunidades de negocio para a provincia, así como para estreitar lazos comúns que renovamos recentemente coa inauguración da Casa do Emigrante en Viveiro. Por fin deixamos de ser a única Deputación galega que nunca mantivera relacións cos seus emigrantes e agora todos temos a oportunidade de desfrutar desta exposición”. Esta é a primeira vez na historia que tantos artistas uruguaios expoñen o seu traballo fóra do seu país de orixe. Durante o ano 2009 as propostas destes artistas percorrerán distintas cidades do mundo, co apoio do Ministerio de Relacións Exteriores do noso país e as súas embaixadas no mundo. “Para nós é un pracer e, ademais, énchenos de orgullo que Lugo sexa a cidade que inaugura este percorrido. Esto supón un acto de irmanamento con Uruguai, xa que dos 3,5 millóns de habitantes que ten este país, máis de 50.000 son galegos, e a maior parte de Lugo. Fíxense que moitos destes artistas aínda conservan apelidos españois. É o caso de Pablo Uribe, Ernesto Vila, Raúl Álvarez ou Juan Burgo”.O CENTRAD conta en 2009 cun presuposto de 1.326.880 euros que persegue dúas liñas estratéxicas: fomentar os talleres tradicionais para seguir afondando nas nosas tradicións galegas e apostar polo deseño rompedor a través da Capela. “A mostra amosa a nova faciana que a Deputación quere imprimir á Capela de Santa María. Queremos que a sala sexa un centro de innovación referencial en Galicia, no núcleo das últimas tendencias de deseño e artesanía”, engadiu Besteiro.A exposición poderá visitarse de 12:00 a 14:00 horas pola mañá, e de 18:00 a 21:00 horas pola tarde. Durante a fin de semana, o horario será de 18:00 a 21:00 horas. Logo da súa estancia en Lugo, a mostra trasladarase a Santiago, Vigo, Ferrol e Ourense. Posteriormente, Madrid, Barcelona, Berlín e París serán sede da mesma. Rematará en Washintong e Nova York. O máximo responsable provincial convidou a todas as persoas a que visiten durantes estes días a exposición, “xa que é un desafío común que nos levará a percorrer outros territorios donde facer visible o noso borde Sur”.