Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda recibe a un grupo de estudantes da cidade sueca de Täby

Os alumnos amosáronse especialmente interesados na aposta da Deputación polo medio ambiente

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a un grupo de 18 estudantes do instituto Tibble Gymnasium da cidade sueca de Täby que participan nun programa de intercambio con alumnos do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes. Lara Méndez explicou ós rapaces, que teñen 17 anos e estudan ó equivalente á 2º de BAC, “que a Deputación é o goberno desta provincia que cota con 67 Concellos cunha grande variedade paisaxística e patrominial”. A responsable provincial subliñou que entre as prioridades da institución está a aposta polo medio ambiente e o desenvolvemento sostible. “O 55% do noso territorio está declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO. Eso é un orgullo para os lucenses, pero tamén unha grande responsabilidade, xa que temos que traballar para poñer en valor todos estes recursos”. Os alumnos amosáronse gratamente sorprendidos por este dato, xa que segundo sinalou Kristina Westerberg, unha das profesoras que os acompañan, “una de las cosas más importantes en Suecia es la naturaleza, y cuando pasemos a presidir la Unión Europea nos gustaría ayudar a outros países en este campo”. Os alumnos suecos estarán catro semanas en Lugo estudando español e vivirán con familias de estudantes do instituo lucenses que viaxarán a Täby en setembro. A Vicepresidenta Segunda loubou este tipo de intercambios “que non se limitan ó aspecto académico, senón que son moi enriquecedores a nivel persoal, xa que permite coñecer e divulgar outras culturas e tradicións”. Lara Méndez dixo “outra das prioridades da Deputación son as novas tecnoloxías moi importantes neste mundo cada vez máis globalizado, pero sen perder a nosa propia identidade”. Neste senso, Kristina Westerberg dixo que “para nosotros es importante que en Galicia sean bilingües, porque nosotros también tenemos una lengua minoritaria, el sueco, y además utilizamos el inglés”. Na recepción tamén participaron o director do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes, Ramiro Gayoso, e o coordinador da actividade, Faustino Martín. O director destacou que esta xa é o undécimo intercambio entre alumnos dos dous institutos. Ó remate do acto procedeuse ó intercambio de agasallos.