Deputación de Lugo

O Concello de Lugo recibe as obras de urbanización da primeira fase de Abella

O centro comercial proxectado para a zona contará con 85 locais comerciais

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e outros membros da corporación municipal participaron no acto de recepción das obras de urbanización da primeira fase de Abella e no seguemento das obras do novo centro comercial. O Alcalde resaltou o cambio que vai dar esta zona e deu as grazas a os empresarios que creen na cidade e que invisten no futuro da cidade. Sinalou a colaboración dos empresarios coa cidade para servir mellor a cidade nun senso urbanístico pero tamén de crear postos de emprego. Ademáis López Orozco sinalou que grazas a colaboración dos empresarios esta extensión de terreno urbanizado unha parte moi importante queda en dotacións e equipamentos dos que poderán disfrutar todos os lucenses. O Sector Norte H está definido cunha superficie de 125.558 ,16 m², e vaille proporcionar á cidade 35.000 metros cadrados de zonas verdes e máis de 39.000 de viais. O ámbito queda subdividido en dous polígonos de actuación independientes, equilibrados no seu aproveitamento e con xestión e execución diferentes. A superficie queda dividida en dous polígonos: - Polígono 1 de 68.756,17 m². - Polígono 2 de 56.801,99 m² Datos do Ámbito Total Superficie do Ámbito: 125.558,16 m² Superficie do Ámbito (deducido sist.xerais): 119.158,16 m² Coeficiente de Edificabilidade: 1 m² edificable / 1 m² suelo Edificabilidade Máxima: 119.158,16 Edificabilidade Residencial: 81.843,16 m² Edificabilidade Terciaria: 34.315,00 m² Cesións: 90.817,17 m² Datos Básicos do Polígono 1 Superficie do Ámbito: 68.756,17 m² Superficie do Ámbito (deducido sist.xerais): 64.656,17 m² Coeficiente de Edificabilidad: 1 m² edificable/1 m² suelo Edificabilidade Máxima: 64.656,17 Edificabilidade Residencial: 27.341,17m² Edificabilidade Terciaria: 37.315,00 m² Cesións: 43.363,26 m² Superficie viais: 19.696,33 m² Superficie zonas verdes: 16.500 m² Datos Básicos del Polígono 2 Superficie do Ámbito: 56.801,99 m² Superficie do Ámbito (deducido sist.xerais): 54.501,99 m² Coeficiente de Edificabilidade: 1 m² edificable/1 m² suelo Edificabilidade Máxima: 54.501,99 m² Edificabilidade Residencial: 54.501,99 m² Edificabilidade Terciaria: 0,00 m² Cesións: 47.453,91 m² Superficie viais: 19.680,07 m² Superficie zonas verdes: 18.500 m² O orzamento total da obra executada pertenecente ao polígono 1 ascende á cantidade de 3.900.000 euros. Obras centro comercial Neste acto tamén tivo lugar o seguemento das obras do novo centro comercial co que contará o Norte da cidade e que, previsiblemente, abrirase no ano 2.011. Esta obra, que conta cunha inversión total aproximada de 120 millóns de euros, xerará ao redor de 1.900 empregos. O centro comercial contará con tres plantas comerciales e dúas plantas soto nos 37.315 metros cadrados que se construirán no solar de 23.000 metros cadrados. Este espazo contará con 85 locais comerciais, que poderán alugar aqueles empresarios interesados, e 1.700 prazas de aparcamento.