Deputación de Lugo

Aprobados os Presupostos da Deputación para 2009

Xa están en execución as obras do Plan do canon hidroeléctrico de Chantada para 2008 que foi aprobado hoxe

En xaneiro celebrarase un Pleno extraordinario para saldar a débeda do canon cos 16 Concellos afectados á marxe do chantadino Os Deputados reciben como agasallo de Fin de Ano unha cesta con produtos autóctonos dentro da campaña Lugo Sabe O Pleno da Corporación provincial aprobou este martes os Presupostos da Deputación para 2009 que ascenden a 122.635.211 euros, un 2,7% máis que o ano anterior. O Orzamento consolidado, o que suman Deputación, SUPLUSA e INLUDES chega a 142.138.297 euros. O INLUDES terá un Orzamento de 15.099.012,23 euros, SUPLUSA 17.713.784 e a Fundación TIC 1.515.445. A Deputada da Área de Economía, Regina Polín, afirmou na súa intervención que “é un orzamento realista e austero, como esixe a situación económica actual, onde se teñen en conta os criterios e variacións interanuais marcadas no Plan Económico Financeiro 2008-2011, aprobado polo Pleno da Deputación o pasado 29 de xullo e co que xa nos adiantabamos ás medidas posteriores fronte á crise. É o primerio orzamento deseñado baixo o Plan Económico-financieiro”. Segundo apuntou Polín, estes orzamentos siguen tres liñas básicas: afrontar as débedas históricas (3.682.761 euros para o canon hidroeléctrico de Chantada e os outros 16 municipios afectados, e 3.501.000 para a rede provincial de bomberios); a nova cooperación cos Concellos e os veciños da provincia; e a aposta tecnolóxica e medioambiental. Menos gasto en bens correntes e máis investimento No capítulo de gastos “fixemos axustes sorprendentes. En relación ás cifras iniciais que marcaba a proxección orzamentaria do Plan Económico Financiero para 2009, é especialmente suliñable o descenso no capítulo II de gastos en bens correntes e servizos (1.080.568 euros), e que permite incrementar os capítulos VI e VII de gasto, é dicir, o investimento en capital”. A responsable provincial de Economía desglosou os gastos por capítulos: - Capítulo I “Gastos de Persoal” aumenta un 3% respecto ó ano anterior, tal e como sinala a lei de Presupostos do Estado de 2009. - Capítulo II “Gastos en bens correntes e servizos” diminúe en 462.917 euros que representa un 2,92% respecto do ano anterior. Esta diminución vén derivada dun reaxuste no gasto corrente e da variación do gasto previsto no devandito capítulo relativo ó proxecto europeo “Lugo O2” que na anualidade 2009 diminúe respecto á prevista en 2008 en 200.754,00 €, e a enquisa ós Concellos que diminúe en 257.540,00 euros respecto do ano anterior. - Capítulo III “Gastos financeiros” recolle os xuros que se van aboar por operacións de crédito a longo prazo cun aumento cifrado en 488.684,06 euros, que supón un 61,65%. - Capítulo IV “Transferencias correntes”, aumenta en 2.210.757 euros o que representa un 11,07% respecto o do ano anterior. Neste caso o aumento derívase fundamentalmente das transferencias ó INLUDES, que se incrementa en 220.000 euros, a SUPLUSA, que tamén o fai en 74.000,00 euros, e para o Consorcio de Bombeiros que o fai en 751.000. Así mesmo, na area de Benestar Social, Igualdade, Xuventude e Turismo aumenta en 280.000,00 €, e na area de Cultura e Deportes en 960.000,00 €. - Nos gastos por operacións de capital, os investimentos reais e as transferencias de capital, aumentan en 104.238 euros, o que representa un 0,20% respecto do ano anterior. Cuantitativamente as variacións máis significativas no capítulo VI son as seguintes: as cantidades dedicadas ó Canon Hidroeléctrico diminúen en 1.403.770euros, as destinadas ó equipamento do Consorcio de Bombeiros fano en 250.000, no Museo Provincial diminúe en 180.000, en Deportes en 296.225, o Proxecto europeo “Lugo O2” incrementase neste capítulo en 445.545, en Estradas e Camiños provinciais aumenta en 893.310, e en Turismo e Rutas Fluviais en 219.869; nas Transferencias de Capital, capítulo VII, a transferencia ó Consorcio do Parque de Bombeiros diminúe en 501.000 euros que pasan no 2009 ó capítulo de Transferencias Correntes, en Deportes aumentan en 268.500, as subvencións a Comunidades Veciñais diminúen en 263.776, ainda que a achega da Deputación mantense en 2.200.000, e a transferencia ó INLUDES aumenta en 511.401 euros debido ó financiamento da anualidade dos proxectos financiados con fondos europeos. Capítulo de ingresos No referente ós ingresos orzamentarios, os conceptos máis relevantes son a participación nos tributos do Estado, máis de 74 millóns de euros, a cesión de impostos por un importe superior ós 11 millóns de euros, taxas e outros ingresos por un valor de casi 17 millóns de euros –que inclúen a aportación do SERGAS ó hospital San Rafael-, a participación nas apostas deportivas por 440.000 euros, o alleamento de investimentos reais por un importe de 962.000,00 euros (polo alleamento do segundo piso da antiga sede do INLUDES), os proxectos europeos por un importe de 1.366.805,30 euros, os xuros de depósitos por 3.850.000 euros, as aportacións do Estado e dos Concellos para o POS 2009 que suman 4.960.173,60 euros e a operación de crédito a longo prazo por 8 millóns de euros. Canon hidroeléctrico Na sesión de hoxe aprobouse o Plan de obras do canon hidroeléctrico do Concello de Chantada correspondente á anualidade 2008, que xa están en execución. Por un importe total de 1.649.802 euros, este Plan inclúe a rexeneración das vías do entorno rural (1.149.764); adquisición de terreos para a depuradora (150.000 euros); campo de fútbol de Sangoñedo (169.389); reurbanización do polígono dos Acivros (45.226); saneamento do núcleo de Viana (16.143) e praza de Abastos (119.280). Con respecto a este asunto, o vindeiro mes xaneiro convocarase un Pleno extraordinario para saldar a débeda cos 16 Concellos afectados polo canon hidroeléctrico, á marxe do de Chantada. Lugo Sabe Todos os Deputados recibiron como agasallo de Fin de Ano unha cesta co produtos autóctonos dentro da campaña Lugo Sabe, promovida pola Deputación para promocionar a nosa provincia.