Deputación de Lugo

Máis de 1.500 persoas coñeceron en Sarria as vantaxes da administración electrónica e o Barco Muralla

Gómez Besteiro participou hoxe nos actos da Feira de San Isidro que, ademais, destas dúas iniciativas contou con outras actividades como a 1ª poxa de gando coa que tamén colaborou o organismo provincial a través da Granxa GayosoA Deputación cedeu 8 animais de entre 17 e 18 meses, dos que algúns alcanzaron un prezo de venda próximo ós 2.000 euros

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo nos actos da XXVI Feira de San Isidro, organizada polo Concello de Sarria e que hoxe chegou ó seu fin logo de tres días repletos de actividades como a primeira poxa de gando de Raza Rubia Galega, organizada por ACRUGA e coa que colaborou o organismo provincial a través da Granxa Gayoso Castro, cedendo 8 novillas de entre 17 e 18 meses. Destas, vendéronse seis e algunhas alcanzaron un prezo que se aproximou ós 2.000 euros.

Deste xeito, a Deputación tamén quixo aproveitar a multitudinaria convocatoria, que tamén contou cunha degustación de produtos autóctonos, concurso de manexadores e exhibicións deportivas, para amosar e formar ós cidadáns as vantaxas da administración electrónica. Para elo, hoxe instalou a aula formativa itinerante do programa Innova-TE pola que pasaron máis de 500 persoas ó longo da mañá, de tal xeito que se prevé que este número aumente pola tarde.

Na moderna instalación da carpa @, de 230 metros cadrados e cor vermella, desenvolvéronse talleres formativos, obradoiros, xogos, sorteos de diverso material tecnolóxico imprescindible para usar a e-Administración, e mesmo simuladores de última xeración. A aula formativa do Innova-TE tamén deu a coñecer as experiencias de empresas da provincia de Lugo que implantaron con éxito as novas tecnoloxías no seu modelo de negocio. Neste caso, as firmas participantes foron a adega Vía Romana de Chantada e Cárnicas Teijeiro de Sarria que, ademais de expoñer a súa actividade, ofreceron varias degustacións dos produtos que elaboran.

A aula estivo este pasado domingo na Feira do Viño de Vilachá, no Concello da Pobra do Brollón, onde medio millar de persoas coñeceron como utilizar a e-Administración, un servizo que permite ós cidadáns facer trámites a través de internet, dun xeito rápido e eficaz, aforrando tempo e diñeiro en desprazamentos.

1.000 persoas no Barco Muralla

Coincidindo coa celebración da Feira, o organismo provincial tamén levou a Sarria o Barco Muralla de Lugo co que difunde os recursos naturais de Lugo en xeral e da súa Costa en particular. Nesta ocasión, a aula turística medioambiental, que aínda está aberta ata hoxe ás 19:00 horas, xa contou con 1.000 visitantes.

Durante os dous días, distribuíronse dípticos das Reservas da Biosfera, material didáctico, información empresarial e de bolsas de estudos, ademais de vídeos da provincia elaborados polos alumnos da Fundación TIC, dependente do organismo provincial. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa europeo Lug02 co que a Deputación demostrou que o medio ambiente é a oportunidade económica da provincia.

Trala súa estancia en Sarria, o Barco Muralla de Lugo continuará o seu percorrido no Concello de Paradela, onde fondeará os días 14 e 15 de maio.