Deputación de Lugo

Resoltas as becas no sector da innovación

Imaxe deputación de lugo
A Deputación publicou no taboleiro de anuncios e aquí o resultado das probas de selección das bolsas remuneradas con 800 euros mensuaisAs 30 persoas que acadaron a maior puntuación deberán entregar, antes do xoves, no Rexistro do Pazo de San Marcos, un escrito especificando se aceptan ou denegan a becaOs beneficiados traballarán durante 6 meses en empresas e asociacións sen ánimo de lucro que obterán, sen custe algún, servizos tecnolóxicos

A Deputación publicou no taboleiro de anuncios e aquí os resultados das probas de selección das bolsas de emprego no sector da innovación. As persoas que acadaron as maiores puntuacións deberán, antes de 5 días naturais, é dicir ata o mércores incluído este, comunicar se aceptan ou denegan a beca. Para elo, deberán poñerse en contacto co organismo provincial entregando no Rexistro, afincado no Pazo de San Marcos, un escrito con todos os seus datos persoais, comunicando a súa decisión. Os beneficiados, 30 lucenses actualmente en paro, licenciados, diplomados ou con formación profesional –FP-, traballarán durante 6 meses, percibindo 800 euros mensuais, en empresas e asociacións sen ánimo de lucro, levando a cabo os proxectos tecnolóxicos presentados.

Estas entidades e colectivos, que obterán se custe algún novidosos servizos, son os que subscribiron o convenio co primeiro Centro de Innovación Social en Galicia. Trátase do In Lugo impulsado polo Deputación e cofinanciado polo Ministerio de Industria nun 88,9% mediante o Plan Avanza. As entidades son as seguintes:

- Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, CETAL: o proxecto a desenvolver neste colectivo consiste na identificación das necesidades tecnolóxicas e de produtos innovadores no sector agroalimentario da provincia, ademais da transferencia desta información ós traballadores neste campo.

- Asociacións de Jóvenes Empresarios –AJE-, de Empresarias de Lugo, e Empresarial de Industria de Transformación del Polígono do CEAO: formación especializada ós empresarios para coñecer as necesidades das entidades en materia de innovación, e facilitar ó cambio de cultura nos procesos empresariais.

-Universidades de Santiago de Compostela. Aula TIC: elaboración dunha guía de boas prácticas no emprego da Administración electrónica dirixida ós cidadáns e as entidades sen ánimo de lucro.

-Universidade da Coruña. CITIC: creación de produtos e servizos informáticos dirixidos á empresa.

120 solicitantes

120 persoas participaron no proceso de selección que consistiu en unha avaliación do expediente académico, a experiencia profesional, e a memoria do proxecto a desenvolver (parte que contou con máximo 7 puntos) e unha entrevista persoal (avaliada con 3 puntos como moito).

As bolsas de emprego no sector da innovación engádense ás becas Lug02 mediante as cales 18 mozos lucenses están xa a traballar en prestixiosas empresas de Hamburgo, Praga, Belfast, Florencia, Viena e Lisboa nas que se empregan innovadoras técnicas medioambientais. Unha vez que rematen o período de formación nestas entidades, os rapaces terán a oportunidade de poñer en práctica o aprendido en empresas lucenses durante 8 meses, nos que percibirán un salario mensual de 1.000 euros. Da mesma forma, tamén se convocaron as primeiras 5 bolsas de artesanía e deseño de Lugo dotadas con 12.000 euros cada unha, que se resolverán nos vindeiros días.