Deputación de Lugo

Televisións autonómicas e estatais difunden a Gala Lvcvs Moda

Galicia enteira poderá ver integramente a segunda gala da moda lucense o vindeiro luns, 18 de abril, ás 22:00 horas, en Popular TVOs cidadáns de Vigo, A Coruña, Pontevedra e Santiago xa puideron comprobaron a calidade textil da provincia logo da emisión do evento na súa totalidade en Localia GaliciaUns dos programas de maior audiencia en Tele 5 e TVE, son o caso de “Sálvame” e “Corazón Corazón”, tamén fixeron eco da Gala Lvcvs Moda nos últimos díasOs deseñadores lucenses participantes no evento destacan o aumento das visitas ós seus establecementos, así como o incremento das súas vendas, dende a celebración da gala

A Gala Lvcvs Moda que Deputación e Concello de Lugo celebraron o pasado xoves no Círculo das Artes da capital cun éxito de asistencia de máis de 600 persoas, segue a ser contido de canles de televisións autonómicas e estatais. A presentación en primicia dos máis de 100 modelos exclusivos confeccionados para a ocasión polos 6 deseñadores e 14 artesáns lucenses participantes, está a causar o interese de medios de comunicación de toda España.

Deste xeito, toda a Comunidade poderá ver integramente o evento este luns, 18 de abril, ás 22:00 horas, en Popular TV. Pola súa banda, Localia Galicia, nas súas delegacións en Vigo, A Coruña, Pontevedra e Santiago de Compostela, xa mostrou a todos os seus telespectadores a calidade textil da provincia.

A segunda gala da moda lucense foi ademais tema tratado esta semana nun dos programas de maior audiencia en Tele 5. O magazine “Sálvame” destacou o apoio ós deseñadores e artesáns lucenses de Victorio&Lucchino, -padriños do evento que foron nomeados embaixadores da cidade lucense-, Lucía Pérez, -artista lucense que recibiu a Insignia de Ouro da provincia-, e a actriz María Castro, -presentadora da gala-,

En TVE, o espazo de sociedade “Corazón Corazón”, tamén salientou o feito de que, sumando esforzos coa Deputación e o Concello de Lugo para impulsar ó exterior o traballo dos profesionais do sector textil da provincia, a representante española en Eurovisión decidise que a súa última actuación no país, antes de comezar coa súa xira por Europa e participar en dito certamen musical, fose na gala Gala Lvcvs Moda.

Da mesma forma, a axencia de noticias Europapress TV remitiu as imaxes a 900 dos seus clientes, para a súa emisión en espazos da Sexta, Cuatro e Antena 3. O Centro de Contenidos (CTC), -empresa pioneira e líder no sector de distribución audiovisual para TDT en España-, incluíu a Gala Lvcvs Moda entres as súas máis de 5.000 horas de programas. Deste xeito, 40 canles de televisión de todo o país poderán difundir o evento. Trátanse de: Telelugo, GTM Murcia, Oviedo TV, TCYL (Valladolid), Aqui TV (Cantabria), Canal Antena Cáceres, Tele Huesca, ZTV (Zaragoza), Canal Fuengirola, Canal Localia Coruña, Canal Localia Pontevedra, Canal Localia Vigo, Canal Luz Huelva, Cana 4 (Navarra), Canal La Comarca TV (Teruel), Cablemel TV (Melilla), Cancionero TV (Córdoba), Teledonosti (San Sebastián), 10 TV (Asturias), TVR (Rioja), Canal Bilbovisión (Bilbao), Canal D`EIVISSA I FORMENTERA, Albacete TV, Canal Nuevo TV (Canarias), TeleSalnés (Pontevedra), Onda Radio Navia (Luarca), Levante TV, Información TV (Alicante), Málaga TV, Canal 21 La Opinión (Granada), Canal Producciones Conquenses de TV (Cuenca), Correos TV (Santiago), Telesevilla, Canal TEA TV Pontevedra, RTV Insular Canaria, Canal La Verdad Radio Tv, Onda Azul Málaga RTVM, Canal Luz Sevilla, Canal TMV Valencia, e Popular Tv.

Aumento nas vendas

Dende a celebración da segunda gala da moda lucense, os deseñadores da provincia participantes aseguran que están tendo máis visitas nos seus establecementos, polo que tamén están a lograr un incremento nas súas vendas. Todos os modelos vistos na pasarela Lvcvs, así como os lucidos por María Castro e Lucía Pérez, atópanse expostos nos seguintes puntos da capital: Galerías Prazas de Campo Castillo número 10 (Luis Areñas by Manuela López); Santo Domingo número 24 (INPE); rúa San Froilán número 44 (Montse Arias); e rúa Armañá número 16 (Sara Lage y Maru Calderón).