Deputación de Lugo

10 empresas de Madrid e Galicia optan á construción da Escola de Enxeñería Civil

Hoxe celebrouse a mesa de contratación na que se deron a coñecer as firmas interesadas na execución desta infraestrutura que conta cun investimento de preto de 4 millóns de euros, financiados ó 50% pola Deputación e a USCAs propostas presentadas polas empresas serán avaliadas polos técnicos provinciais, de tal xeito que en menos dunha semana convocarase unha nova mesa xuntanza da que sairá a empresa ou grupo de empresas que executarán as obrasA Escola terá unha superficie de 4.500 m2 de superficie construída e situarase entre a Avenida de Madrid e Pardo Iglesias. A Deputación continúa coa expropiación dos terreos

Un total de 10 empresas de Galicia e Madrid optan á construción do Escola de Enxeñería Civil que a Deputación construirá dentro do plan coñecido como Campus 2015 e do obxectivo de impulsar a zona sur de Lugo. Este mércores celebrouse a mesa de contratación na que se deron a coñecer as firmas interesadas na execución desta infraestrutura que conta cun investimento de 3.840.000 euros, financiados ó 50% pola administración provincial e a Universidade de Santiago de Compostela. As empresas foron as seguintes: Extraco S.A (Ourense); UTE Aldesa Construcciones-Odegal S.L (Madrid-Lugo); Vías y Construcciones S.A (A Coruña), UTE EOC Galicia S.A-Assignia Infraestruturas S.A (A Coruña-Madrid), Dragados S.A (A Coruña), UTE FCC Construción S.A-Antalsis S.L (A Coruña); UTE Corsan-Corviam, Construción S.A.-Oys Noroeste S.L (Santiago); UTE Concisa S.A-Istem S.L.U (A Coruña-Madrid); UTE Comsa S.A.U-Movex Vial S.L (Santiago-Vigo): e UTE Asogal Construcciones S.L-Cymi S.A- Frisaqués S.L (Lugo-A Coruña-Lugo).

Deste xeito, as propostas presentadas polas empresas serán avaliadas polos técnicos provinciais, de tal xeito que en menos dunha semana convocarase unha nova mesa de contratación da que sairá a empresa ou grupos de empresas encargadas da execución das obras. No proceso avaliatorio teranse en conta os seguintes criterios: prezo, mellora das obras, plan de traballo e prazo de execución.

O edificio, cuxo proxecto foi deseñado polo arqueitecto lucense Marcos Parga, situarase na zona comprendida entre as avenidas de Madrid e Pablo Iglesias. Para iso, a Deputación xa iniciou o proceso expropiatorio para a adquisición dos terreos. A infraestrutura terá 4.500 metros cadrados de superficie construída e 4.000 de superficie útil. Asimesmo, boa parte dese espazo estará adicado ás prácticas coa creación de diversos laboratorios, entre os que destaca o tanque de oleaxe. En conxunto a escola terá ó redor de 100 alumnos.

Desenvolvemento Campus 2015

Esta actuación enmárcase dentro o obxectivo da Deputación de continuar co desenvolvemento do Campus 2015, no que inviste máis de 7 millóns de euros. Deste xeito, logo desta primeira fase de expropiación na que se situará a Escola de Enxeñería Civil, o organismo provincial actuará noutras dúas zonas previstas: a comprendida entre a Avenida Bernardino Pardo Ouro e a Avenida Pablo Iglesias, de 13.633 metros cadrados que se adicarán ó sector servizos; e a rúa das Pedreiras e a nova rotonda, de 11.772 metros cadrados, onde se construirá un polideportivo. En total, a Deputación achegará 4,6 millóns para expropiar 37.000 metros cadrados.

Outro dos proxectos que enriquece o Campus de Lugo e no que as dúas institucións están inmersos é a Estación de Bioloxía do Courel, que xa está en funcionamento dende xuño de 2010, e na que se empraza o unha Aula da Natureza, creada polo organismo provincial dentro do programa europo Lug02.

A Deputación tamén achegou máis de 200.000 euros para a urbanización do edificio “A Granxa”, no que se sitúa a nova sede do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). Ademais, o organismo provincial tamén contribúe a aumentar a oferta formativa do Campus co Centro de Recría Gayoso Castro, que nestes momentos está en construción. Deste xeito, os estudantes de titulacións relacionadas co sector agrogandeiro como Veterinaria poderán realizar prácticas nas instalacións que a Deputación ten en Castro de Rei.

Asimesmo, a institución que preside José Ramón Gómez Besteiro tamén completará a súa aposta pola formación co trasladado da UNED ó antigo Hotel Miño. Este luns comezaron os traballos de demolición do bloque 2, de tal xeito que quedará un espazo 1.900 metros cadrados para afincar o aparcadoiro. Este é un dos servizos considerado fundamental no plan de necesidades fixados pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, que terá un total de 92 prazas a disposición dos estudantes, traballadores do Arquivo Provincial, Axencia de Enerxía e das brigadas de mantemento da Deputación que se localizarán no bloque 3.