Deputación de Lugo

A Deputación reducirá a 25 días o prazo de pago ás empresas coa implantación da factura electrónica

Será grazas ó programa “E-fácil” do Plan Avanza do Ministerio de Industria e Turismo, que está dotado con 312.000 euros e cofinanciado nun 80% polo Fondo Social EuropeoCo fin de seguir avanzando na eadministración, o organismo provincial pon en marcha este servizo que se estenderá gratuitamente ós Concellos para que tamén poidan axilizar os seus pagosA boa xestión levada a ta cabo nos últimos 4 anos permitiu a de Lugo sexa unha das administracións galegas máis áxiles no proceso de pagos, sitúandose por diante da Xunta e de Deputacións como Pontevedra ou OurenseA factura electrónica aforraralles ás empresas os custes directos e indirectos do sistema tradicional, aumentará a eficacia e a rapidez na xestión administrativa e aportará unha maior seguridade ó diminuír as posibilidades de falsificación e extravío

A Xunta de Goberno deste venres aprobou o inicio da contración do programa “E-fácil” que permitirá a implantación da factura electrónica tanto na Deputación como nos Concellos da provincia que se sumen ó proxecto. Esta iniciativa, que permite seguir avanzando na implantación da administración electrónica iniciada co Innova-TE, conta cun investimento de 312.000 euros que serán cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo no marco do Plan Avanza “Despregamento de solución Avanza Local” do Ministerio de Industria e Turismo.

O novo sistema de xestión administrativo estará a pleno rendemento en 2012 e suporá claras vantaxas tanto para os empresarios como para o organismo provincial e as entidades locais. Deste xeito permitirálles aforrar cartos e tempo ás PEMES que teñan contratado un servizo coa Deputación e coas entidades locais, así como axilizar o procedemento administrativo, reducindo o prazo de pago ós proveedores. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, subliñou que “nun momento económico como o actual unha das liñas estratéxicas para a recuperación da economía é pagar rápido e inxectar liquidez ás empresas. Por iso, solicitamos este Plan Avanza que nos permitirá seguir sendo unha das administracións galegas máis áxiles no pago de facturas”.

Para a súa posta en marcha, a Deputación proporcionaralles, de forma totalmente gratuíta, ás entidades locais e ós empresarios colaboradores a aplicación tecnolóxica necesaria para a tramitación das facturas vía Internet. Isto terá unha consecuencia directa na diminución do tempo de pago que, no caso da Deputación, reducirase en 10 días con respecto ó actual. É dicir, unha vez que entre en funcionamento este sistema, o tempo de pagamanteo da institución luguesa non superará os 25 días.

A boa xestión levada a cabo nos últimos catro anos permitiu que hoxe en día, a Deputación de Lugo se sitúe á cabeza das administracións que mentos tardan no proceso de pagamento, incluso por diante da Xunta, cuxo prazo de pago é de 39 días. Dende 2008 pasouse de pagar nun prazo de 88 días en outubro de 2008 -case 3 meses- a 33/35 días en 2011, anticipándose incluso ós prazos fixados pola Lei contra a morosidade de 2010 que obriga a que as administracións paquen ós proveedores en 50 días. Polo que respecta ás outras Deputacións, a de Pontevedra estáo a facer en 60 días -2 meses-, a de Ourense en 120 -4 meses-, e a de Coruña en 32 días..

Beneficios directos para as empresas

Pero ademais da redución de prazos, a factura electrónica inclúe outros beneficios que afectan directamente á economía das empresas:

PRIMEIRO: Coa súa implantación, a Deputación contribuirá a facer máis rendibles as PEMES aforrándolles os custes directos e indirectos que antes tiñan que asumir á hora de tramitar a factura tradicional, como adquisición de papel, impresión ou gastos de envío.

SEGUNDO: Amentará a eficacia, a rapidez e a transparencia da xestión administrativa da factura, xa que a súa presentación e consulta do proceso no que se atopa poderá facerse as 24 horas do día e os 365 días do ano.

TERCEIRO: Aporta maior seguridade na tramitación, xa que a probabilidade de falsificación é mínima e diminúe tanto a marxe de erro humano como a posibilidade da perda de información ou extravío de documentos.

Asignación das primeiras bolsas de emprego de innovación

Aprobouse a asignación definitiva dos 30 desempregados lucenses que atoparon traballo coas primeiras bolsas de emprego no sector da innovación que o organismo provincial puxo en marcha a través do primeiro Centro de Innovación Social de Galicia, o In Lugo, para crear novos postos de traballo neste campo e ofrecer un servizo, sen custe algún, a distintos colectivos sen ánimo de lucro que se sumaron á iniciativa. Deste xeito, os beneficiados prestarán o seu servizo durante seis meses nas seguintes entidade:

- No Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), 11 persoas con formación especializada neste sector son os encargados de identificar as necesidades tecnolóxicas e aplicar produtos innovadores que permitan facer máis competitivo o sector agroalimentario da provincia.

- Outros 15 bolseiros repártense nas Asociacións de Jóvenes Empresarios –AJE-, de Empresarias de Lugo, e Empresarial de Industria de Transformación del Polígono do CEAO. A función dos novos traballadores inclúe a proporción de formación especializada ós empresarios para coñecer as necesidades das súas entidades en materia de innovación, e facilitar ó cambio de cultura nos procesos empresariais.

- 4 licenciados en Administración e Dirección e Empresas foron asignados ás Universidade de Santiago de Compostela e da Coruña. Elaborarán unha guía de boas prácticas no emprego da Administración electrónica dirixida ós cidadáns e as entidades sen ánimo de lucro.

Outros acordos da Xunta de Goberno

Así mesmo, contratáronse as obras da segunda fase da iluminación do paseo fluvial do río Cabe ó seu paso por Monforte por importe de 77.000 euros. Esta actuación inclúese dentro do canon e permitirá completar este proxecto no que xa se investiron outros 87.000 euros.

Trátase da única iniciativa que falta por executar do Plan de Obras deste municipio ó que lle corresponderon en total 233.097 euros. Neste senso, a Deputación xa rematou o acondicionamento de diversos accesos municipais que benefician ós veciños da zona de Raimundo Patiño e da de Lodeiro, así como ós usuarios da estrada de Currelos por Cinsa e da rúa Otero Pedrayo. Por outra banda, aprobouse a modificación do contrato para a adquisición de áridos do Parque Móbil. Esta modificación inclúe unha nova partida de 27.000 euros para seguir prestando colaboración ós Concellos da provincia no arranxo de vías municipais.