Deputación de Lugo

Preto de 80 profesionais das 4 provinciais galegas participan na VI Feira Artesán Gastronómica de Castroverde

A Vicepresidenta Segunda e o Alcalde presentaron no Pazo de San Marcos a festividade que acollerá dito municipio lucense o vindeiro domingo, 21 de agostoProfesionais de 17 Concellos lucenses, 3 pontevedreses, 2 coruñeses e 1 ourensá traerán produtos autóctonos de toda Galicia e farán demostracións de oficios tradicionais A programación inclúe un desfile de moda, obradoiros artesanais, xogos, espectáculos de maxia e música e proxeccións sobre os itinerarios turísticos de Castroverde

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde de Castroverde, José María Arias, presentaron este xoves no Pazo de San Marcos a VI Feira Artesán Gastronómica que dito municipio acollerá o vindeiro domingo, 21 de agosto. O Concello, en colaboración coa institución provincial, impulsa unha nova edición desta cita xa consolidada, logrando contar para esta convocatoria coa presencia de profesionais chegados das 4 provincias galegas que amosarán os seus produtos en preto de 80 expositores.

En Lugo, os participantes chegan dende 17 Concellos: Castroverde, O Corgo, Baleira, A Fonsagrada, Pedrafita, Samos, Xermade, Triacastela, Baralla, Sober, Vilalba, Friol, Courel, O Páramo, Outeiro de Rei, Alfoz e Lugo. A representación da Coruña vén dende Malpica e Coristanco, a de Pontevedra dende Meis, Mourente, O Rosal e Vigo, mentres que a de Ourense é de Boborás.

Nos case 80 expositores haberá produtos autóctonos como queixos, por exemplo os do Cebreiro ou San Simón da Costa, doces como as roscas das Terras de Turonio, ademais de pan, embutidos ou mel. Nestes espazos tamén se encontrarán os cesteiros, telleiros, forxeiros, tecedeiros, zoqueiros, torneiros, ferreiros, palilleiros, canteiros, xoieiros e ata profesionais de Portomarín adicados á destilación da auga ardente, facendo demostracións de ditos oficios tradicionais.

Ás desgustacións de productos autóctonos e ás demostracións de oficios artesanais, engádese, por primeira vez nunha feira de artesanía, un desfile de moda no que participarán deseñadores de Lugo e Ourense. Trátanse de Verónica Mari, Antía Castro, Sara Nájera, Lara Prada, Ángela Marín, ademais da firma lucense Noviabela.

Actividades gratuítas

A programación inclúe actividade gratuítas dirixidas as todos os públicos. Deste xeito, profesionais do sector impartirán obradoiros de cerámica de Gundivós ou de Buño, cestaría, elaboración de instrumentos musicais de caña e colorear con flores. O Concello xa ten aberto o prazo de inscrición. Para solicitar unha praza só é necesario acudir ás oficinas municipais ou chamar ó 982-312-080.

Os máis cativos tamén poderán participar en “Camiños de Cultura”. Trátase dunha ludoteca itinerante situada na área recreativa Veiga do Olmo que inclúe xogos como zancos, parchís, enredos, pelotas saltarinas, damas, bolos, aneis, inchables, kit de Jocley, dianas, porterías de fútbol e canastras. A maiores, haberá un espectáculo de maxia a cargo de Chrystyan Magic.

Pola súa banda, o colectivo “Amigos do Patrimonio de Castroverde” faranse cargo das proxeccións que acollerá a chamada “casa branca” e nas que se mostrarán as rutas de sendeirismo e dos Muíños, presentes en Castroverde.

A musica estará presente durante toda a xornada coas actuacións dos grupos musicais “Zucurundullo” ou “Los mecánicos band”.