Deputación de Lugo

Alumnos da Escola de Imaxe e Son comezan hoxe en Lugo a rodaxe da curtametraxe 'Post Modern'

14 estudantes rodan este mércores nas rúas Progreso e Río Eo da capital luguesa para continuar mañá e o venres nunha vivenda particular da Avenida da CoruñaO traballo forma parte do proxecto de fin de curso ó igual que “Proxecto Campana”, a cinta que se gravará a vindeira semana no xeriátrico de Castro, entre outros escenarios

Alumnos do segundo curso dos ciclos de Producción e Realización da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, organismo dependente da Deputación, comezaron hoxe en Lugo a rodaxe de “Post Modern”. É a curtametraxe que están a realizar na súa totalidade os estudandes da EIS -dende a elaboración do guión, á produción, á gravación e ata a montaxe final- e con todos os medios técnicos necesarios co fin de desenvolver un traballo a nivel profesional co que se acheguen ó mundo laboral.

A cinta conta a historia de Pablo, un mozo que ve alterada a súa tranquila vida ó recibir a chamada do seu gran amigo Lucas, que se atopa en apuros. É a partir dese momento cando terán que demostrar ata onde chega a súa amizade.

A primeira fase da gravación estase a desenvolver en varios exteriores da cidade luguesa, concretamente, na Rúa do Progreso e na Rúa do Río Eo. O resto da curta rodarase no interior dunha vivenda particular da Avenida da Coruña, onde cobrarán especial protagonismo os diálogos para avanzar na trama.

En total, serán 3 intensos días de gravación (25, 26 e 27 de xaneiro) no que están a traballar 14 estudantes co material técnico de última xeración e sempre baixo a supervisión dos docentes do centro educativo. Dentro do reparto, a produción conta ca colaboración de varios actores lucenses que foron previamente seleccionados mediante un cásting, como son Anxo Manuel Lamelo, Mauro Longarela, Álvaro López Dosil o Pedro Ángel Rodríguez, ademais da participación da modelo Melina Fernández.

Curtas fin de curso

A realización da cinta forma parte da programación do centro educativo, o único da provincia que imparte ensinanzas no eido audiovisual, como traballo de fin de curso, a última das probas que os estudantes deben de superar para obter a titulación en Imaxe e Son. Xunto a esta, o alumnado está a levar a cabo outra produción. É o caso da curta, “Proxecto Campana”, cuxa rodaxe se desenvolverá os vindeiros días 30 e 31 de xaneiro, e o 1 de febreiro, en varias localizacións da capital lucense e no xeriátrico de Castro Riberas de Lea. O obxetivo destes traballos é que os alumnos sexan capaces de afrontarse a unha produción desde a idea ata o producto final, ó que lles axudará nun futuro a facerse un oco no mundo laboral do audiovisual.