Deputación de Lugo

A Deputación recorta os custes en telefonía nun 48%, aforrando 236.000 euros ó ano

Establécense cotas máximas de consumo de ata 25 euros mentres se recortan as liñas móbiles en 65 e os ADSL en 20 logo de rexistrar as necesidades deste servizo en todos os departamentos provinciais coas aplicacións informáticas implantadas con fondos europeosA institución prioriza os seus investimentos na creación de emprego, aprobando 48 accións formativas con prácticas remuneradas para desempregados lugueses e 50 bolsas para traballar en empresas da UE, dirixidas a titulados tamén da provincia e en paroO organismo provincial achega 235.000 euros, cofinanciados nun 89% polo Plan Avanza, a nova programación gratuíta sobre novas tecnoloxías para veciños e PEMES do In Lugo

A Xunta de Goberno deste venres aprobou unha nova medida de aforro de custes para 2012 do Goberno Provincial. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, adiantou que se trata da redución nun 48% dos gastos en telefonía nas dependencias provinciais, logrando un aforro anual de 236.000 euros. Martínez subliñou que “este aforro é froito dos fondos da Unión Europea que sobemos captar xa que nos permitiron a implantación de mecanismos informáticos co fin de rexistrar as necesidades do servizo telefónico en cada un dos departamentos provinciais”.

E é que, en base ós completos e rigorosos resultados obtidos de ditas aplicacións, a institución luguesa puido establecer cotas máximas de consumo telefónico de ata 25 euros, así como recortar as liñas telefónicas móbiles en 65 e os ADSL en 20. Martínez indicou, ademais, que “se priorizando as responsabilidade do persoal”, exemplificando que os capataces que controlan os máis de 4.000 quilómetros de rede viaria provincial deben estar operativos as 24 horas dos 365 días ó ano; ou que persoal do Parque Móbil, Vías e Obras, así como o de Urbanismo, traballa desplazándose por todo territorio lugués.

O Deputado remarcou que, con esta actuación, o organismo provincial acumula xa un aforro de máis de 430.000 euros anuais grazas ás primeiras medidas de reducción de custes para 2012, postas en marcha polo Goberno Provincial nos tan só dous meses deste ano. Mostra delo, Martínez lembrou que se reformou o contrato do subministro eléctrico nas dependencias provinciais, reducindo a factura eléctrica nun 25% e aforrando 130.000 euros ó ano; recortou nun 27% os custes de adquisición de material de oficina, aforrando 24.800 euros anuais; suprimiuse na súa totalidade o papel timbrados encargado a imprenta, substituíndoo por unha plantilla feita por persoal provincial, aforrando outros 20.000 euros; e alugáronse impresoras e equipos multifunción que inclúen fotocopiadora e fax, evitando os 24.750 euros que suporían a compra e o mantemento deste material.


Investimentos para reactivar o emprego
A institución aforra en custes correntes, priorizando os investimentos en formación para a creación de emprego. Exemplo delo, a Xunta de Goberno aprobou a programación de cursos para desempregados lucenses do Pacto Provincial polo Emprego II, o quinto proxecto en España e o primeiro de Galicia que recibiu o maior importe dentro do Fondo Social Europeo na última convocatoria. Martínez adiantou que son 48 accións formativas sobre os nichos de emprego na provincia: atención sociosanitaria a personas dependentes nos domicilios ou en institucións sociais, hostalería, turismo e industria manufactureira. A custe cero, beneficiaranse destes cursos, que o organismo provincial levará a todos os Concellos da provincia, unhas 720 persoas. Tendo en conta que na primeira parte desta programación participaron 500 parados lugueses, as prazas increméntanse agora nun 44% porque a UE otorgou máis cartos. As xornadas incluirán formación teórica e prácticas en empresas que estarán remunerados, cunha axuda equivalente ó 75% da cuantía establecida polo IPREM, é dicir, uns 400 euros. O orzamento desta iniciativa é superior ós 3,5 millóns de euros, cofinanciados nun 80% pola Unión Europea en un 20% da Deputación.

Outra mostra de que a Deputación centraliza parte do seu orzamento na creación de novas oportunidades laborais, e que na sesión tamén se acordou investir 227.125 euros, cofinanciado nun 70% pola Unión Europea, concretamente procedentes do Plan de Formación Leonardo da Vinci, para o proxecto LugoJob. Trátase dun programa de 50 bolsas de emprego para mozos lucenses titulados, menores de 35 anos e que actualmente estén en paro, coas que, a custe cero, poderán realizar prácticas durante 4 meses en empresas de Hamburgo (Alemaña), Viena (Austria), Florencia (Italia), Lisboa (Portugal), Praga (República Checa), Belfast e Cork (Irlanda).

Na mesma liña, a Xunta de Goberno aprobou achegar preto de 235.000 euros, cofinanciados nun 89% polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, a nova programación de accións formativas sobre novas tecnoloxías do 1º Centro de Innovación Social de Galicia, o In Lugo da Deputación. Deste xeito, acordouse iniciar os procesos de contratación dos cursos tecnolóxicos gratuítos para veciños de todas as idades (117.410 euros) e das xornadas de sensibilización e dinamización de innovadores produtos tecnolóxicos, tamén a custe cero, para autónomos, así como para pequenas e medianas empresas luguesas (117.410 euros). En 2011, máis de 1.300 persoas se beneficiaron das máis de 100 xornadas da anterior programación, celebradas nas propias instalacións do In Lugo, nos Concellos e de xeito on line. Houbo participantes de entre os 6 ata os máis de 65 anos, membros de diferentes colectivos como a Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, a Asociación de Empresarias de Lugo, a Asociación de Enfermos de Alzheimer (AFALU) ou Proxecto Home, así como profesionais de sectores como o da agricultura ou a gandería, e mesmo autónomos.

Aplicacións informáticas con fondos da UE
Martínez explicou que, se cos fondos europeos a Deputación xa implantou ferramentas informáticas coas que se coñecen as necesidades de servizos, por exemplo o do telefónico, co fin de aforrar custes correntes, tamén con cartos da Unión Europea, hoxe a Xunta de Goberno aprobou a contratación dunha nova aplicación tecnolóxica que, por un lado, permitirá ós traballadores públicos coñecer de xeito máis áxil as horas de traballo acumuladas, a súa nómina ou o seu expediente a través de Internet e, por outro, suporá un control máis sinxelo do labor do persoal provincial por parte da institución. O voceiro destacou que esta ferramenta, que posteriormente se ofrecerá a custe cero ós Concellos adheridos ó Innova-TE, permitirá os cidadáns coñecer dende a Rede a oferta pública de emprego, así como inscribirse nos procesos de selección de persoal. O orzamento de adxudicación foi de 70.800 euros, cofinanciados nun 70% pola Unión Europea ó proceder do presuposto asignado para o Innova-TE.

Outros acordos
Finalmente, Martínez deu conta do nomeamento do Director de Asesoría Xurídica, posto que substitúe ó de Vicesecretario logo da xubilación da persoa que ocupaba este cargo, facendo que a Deputación non incremente, nin un só euro, os custes de persoal. E máis, informou o voceiro, a institución recortou nos últimos 2 anos esta partida en máis de 11 millóns de euros. Este traballador, que non solapa as funcións doutros empregados públicos, reforzará a prestación xurídica ós Concellos, aforrando miles de custes ás arcas locais, debido a crecente carga de traballo que rexistra o departamento de Asesoría Xurídica. Hai que ter en conta que, nun só ano, a Deputación prestou asistencia ós Concellos en máis de 120 preitos. No proceso de selección, participaron 3 persoas, das que 2 non cumpriron co requisito de ser funcionario pertencente a escalas xurídica, perfil imprescindible para este cargo.