Deputación de Lugo

A Deputación celebra mañá o acto de nomeamento a Isaac Díaz Pardo como Fillo Adoptivo de Lugo

Imaxe deputación de lugo
Besteiro entregará ó fillo do intelectual falecido, José Díaz Arias, a Medalla de Ouro luguesa e o Diploma que acredita a concesión da maior condecoración da provinciaOutros familiares e numerosas autoridades participarán no evento que terá lugar este martes, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos

O Salón de Plenos do Pazo de San Marcos acollerá mañá, ás 19:00 horas, o acto de nomeamento de Fillo Adoptivo da Provincia a Isaac Díaz Pardo. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregará ó fillo do intelectual recentemente falecido, José Díaz Arias, a Insignia de Ouro e o Diploma que acredita a concesión de dita condecoración, a maior da provincia segundo dicta o Regulamento de Honras e Distincións. No evento participarán, ademais, outros familiares de Díaz Pardo, entre eles a súa viúva, e membros da Corporación, así como numerosas autoridades luguesas.

A proposta de Gómez Besteiro, o Goberno Provincial quixo outorgarlle este distintivo en recoñecemento do seu compromiso coa difusión da cultura galega e o seu extraordinario legado artístico que, de xeito tan especial, repercutiu na provincia luguesa. É e que, o tamén pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario galego, desempeñou un inxente traballo de dinamización socioeconómica en Lugo como refundador e impulsor do Complexo Industrial da Cerámica de Sargadelos, en Cervo, converténdoa nun referente tanto a nivel cultural como social. Ademais, tamén foi membro do primeiro Consello Provincial de Cultura que, a mediados da década dos oitenta, se constituíu na Deputación co obxectivo de promocionar e impulsar as iniciativas culturais dos artistas lucenses.

Para elo, a Xunta de Goberno acordaba o 20 de xaneiro iniciar o expediente administrativo co fin de levar este asunto ó Pleno dese mesmo mes. Xa na sesión plenaria, contou co apoio de todos os Deputados, é dicir, foi aprobado por unanimidade, cando só era necesario o visto e prace de dous terzos da Corporación tal e como recolle o Regulamento. Finalmente, o proceso remata este martes co nomeamento oficial de Díaz Pardo como Fillo Adoptivo da Provincia, outorgando ós seus familiares os atributos correspondentes con tal condecoración.