Deputación de Lugo

Besteiro defende na reunión da FEMP que as Deputacións asistan ós Concellos de menos de 20.000 habitantes

O Presidente da Deputación de Lugo participou hoxe en Madrid na 1º reunión da subcomisión creada na FEMP para redefinir o papel dos Goberno Locais intermediosO documento definitivo precisará de novas xuntanzas para acadar un texto de consenso que defina claramente as competencias das administracións locais

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu este xoves en Madrid que as Deputacións centren os seus esforzos en cooperar cos Concellos de menos de 20.000 habitantes co fin de evitar duplicidades entre administracións. Fronte a isto, outros partidos políticos decantáronse por un escenario máis aberto sen concretar, claramente, o ámbito de actuación das institucións provinciais. Este foi un dos asuntos principais tratados hoxe na primeira reunión de traballo da subcomisión creada no marco da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para redefinir o papel dos Gobernos Locais Intermedios.

Outra das teses apoiadas polo Presidente lugués foi delimitar as competencias de cada administración, evitando as cualificadas como “competencias impropias”, que nas últimas décadas non deixaron de aumentar porque son servizos que se prestan á cidadanía. E por elo, que xunto á definición de competencias, Gómez Besteiro tamén insistiu na necesidade de as competencias de cada administración deben levar aparellas a partida orzamentaria correspondente para o seu obrigado cumprimento.

Actualmente, a indefinición de competencias e os escasos recursos das entidades locais provocaron importantes custes para as arcas municipais. Os datos oficiais da FEMP avalan que, malia que as adminsitracións locais teñen problemas económicos, son as que menos contribuíron ó déficit público que sofre España. Mostra delo é que os Concellos acumulan unha débeda cos seus proveedores de 9.584 millóns de euros, cantidade moi lonxana ós 18.000 millóns de euros que adicou o Goberno de España ó saldo das mesmas. Ademais, só o 50% das coorporacións locais necesitaron recurrir a esta medida extraordinaria.

A subcomisión tamén abordou a necesidade de que o abandono do territorio e a dispersión xeográfica que sofren algunhas provincias sexan claves á hora de definir as políticas locais. Da mesma forma, tamén concretou que o futuro dos Goberno Locais Intermedios manterá como prioridade a prestación de servizos municipais mediante o traballo en Rede. Precisamente, esta visión define as políticas de actuación do Goberno provincial lugués á vista dos escasos recursos económicos e técnicos dos que dispoñen os Concellos lugueses.

Próximas reunións

Queda por diante unha intensa axenda de traballo para achegar as diferentes sensibilidades políticas de cara á elaboración dun documento de consenso. Por este motivo, a subcomisión que integra o Presidente da Deputación de Lugo, sendo o único representante galego no grupo de traballo da FEMP, xunto ós oito mandatarios das Deputacións de Valencia, Huelva, Alicante, Badajoz, Castellón, Guadalajara, Palencia e Tarragona, manterá proximamente novos encontros. O obxectivo é concretar cal debe ser o papel dos Gobernos Locais Intermedios na conxuntura actual e de cara á futura reforma de dous marcos normativos esenciais do municipalismo: a Lei de Goberno Local e a Lei de Financiamento Local.